viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Quintana apoia un voluntariado "anticipativo"

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, defendeu hoxe o programa de voluntariado do monte galego como mostra de que "este Goberno fomenta unha participación activa e anticipativa", destacando que a posta en marcha desta iniciativa o pasado verán "demostrou que hai moita xente disposta a adicar parte das súas vidas a defender o país". Quintana incidíu na dimensión preventiva da medida, coa que se pretende axudar a evitar a que se reproduza o acontecido o pasado verán nos montes de Galicia. Durante os quince primeiros días de agosto resultaron calcinadas máis de 80.000 hectáreas.

O responsable de vicepresidencia explicou a súa visión deste programa en Moaña, onde estivo cun grupo de voluntarios que realizan traballos de vixilancia no entorno forestal da zona, dentro dunha nova fase de vixilancia disuasoria. Quintana quixo subliñar ante eles a importancia de que a maioría dos participantes nesta iniciativa sexan mozos, o que "bota por terra o tópico dunha xuventude apática e individualista.

O operativo de vixilancia do programa de voluntariado de defensa do monte galego vai funcionar dende este mes de abril ata xuño, e estará formado por grupos de entre 20 e 30 persoas, sempre vaixo a supervisión dos coordinadores.

Quintana apoia un voluntariado "anticipativo"
Comentarios