sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Resacas de cervexa e viño no BNG e PP, e grolos duros de tragar no PSOE, Galicia en Común ou Marea

Pincho pos-electoral tras resultados históricos para o Bloque Nacionalista Gallego. DAVID FREIRE
Pincho pos-electoral tras resultados históricos para o Bloque Nacionalista Gallego. DAVID FREIRE
A fin da xornada electoral do domingo deixou en Pontevedra estampas cheas de felicidade ou da sobriedade da derrota

No día de onte máis de un debeu ter mal espertar. Mais non por tratarse dun novo comezo de semana, senón porque na noite do domingo a luns, e coa baixada das temperaturas, subían os ánimos nalgunhas das sés locais das forzas políticas após os resultados da xornada electoral.

fiesta pp elecciones

Copas de celebración na sé provincial do Partido Popular. DAVID FREIRE

Na rúa Raíña Vitoria, onde está a sé do PP local, a euforia aumentou ao ritmo das botellas de albariño. E se ben as máscaras amortiguaron os berros de "Campeones!", nin a Covid foi quen de deter as apertas. A máis emotiva, na que se fundiron Alfonso Rueda, presidente provincial da formación, a súa muller e as súas fillas no momento da valoración da xornada. "Hemos ganado por mayoría absoluta cuando todo el mundo pensaba que era imposible una cuarta vez", afirmaba Rueda. Imposíbeis tamén parecían os saltos de alegría de Ana Pastor, recuperada ao 100% da operación de menisco de fai dous anos.

fiesta bng lores y compañia elecciones
Celebración do Bloque Nacionalista na Rúa Marquesa. DAVID FREIRE

Pola súa banda, na rúa Marquesa, a vella garda nacionalista, con Lores como mestre de ceremonias desde unha caixa de cervexas que finalmente non puido ser de gaseosa Feijóo, xunto a membros de Galiza Nova e simpatizantes alleos ao Bloque, celebrou o resultado "excepcional" da formación nestes comicios, nos que os 19 escanos conseguidos os convertían en líderes da oposición. Coas empanadas case rematadas, Luís Bará, cabeza de lista pola provincia, volvía de Santiago para tomarlle unha, nun deses "días para desfrutar" antes de comezar a traballar de cara a 2024.

Cafetín: cuartel xeral electoral do Psoe: Maica Larriba, Tino Fernandez...
Militantes do PSOE seguindo o escrutinio no Cafetín. BEATRIZ CÍSCAR

Quen quedou sen excusa para tomar o medio grolo de cubata que prometera foi Gonzalo Caballero, pero entre a Agrupación Socialista de Pontevedra tampouco estivo o alcacén para demasiadas gaitas. Desprazados ao Cafetín, desde onde seguiron os resutados, a resignación entre os militantes do PSOE local ía xurdindo a medida que o seu grupo parlamentar era relegado a unha terceira posición na cámara do Hórreo. As cañas pos-escrutinio sabían máis amargas, e a algún case se lle atranganta o pincho do mesmo xeito que ese último escano provincial. Porén, despois de algún que outro baile co PP, o sexto deputado caía para o seu lado. "Satisfeitos", segundo Marta Larriba, malia que só a nivel provincial, o pincho por fin baixou.

A debacle electoral de Galicia en Común, Marea Galeguista e Ciudadanos deixa as formacións ás portas do Hórreo.

Os que subiron, aínda que só xeograficamente, foron os representantes de Galicia en Común, Marea Galeguista e Cs. Membros dos dous primeiros partidos asistiron en Compostela á confirmación da debacle que a súa ruptura previa comezara a cimentar. Os de Ciudadanos, tamén desprazados cara ao norte, volveron non ser quen de pasar das portas do Hórreo. Para estas tres formacións, que non acadaron representación parlamentaria, comeza agora o período abstemio e de reflexión.

Resacas de cervexa e viño no BNG e PP, e grolos duros de tragar no...
Comentarios