jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

A residencia integrada Porta do Camiño queda baleira

Residencia Porta do Camiño. PEPE FERRÍN (AGN)
Residencia Porta do Camiño. PEPE FERRÍN (AGN)
Este venres sairon tres anciáns procedentes das provincias de Lugo e A Coruña e un traslado ao hosptial 

A residencia integrada Porta do Camiño, habilitada pola Xunta para atender aos usuarios que deran positivo por Covid procedentes de centros xeriátricos das provincias de Lugo e A Coruña, quedouse baleira desde este venres, após a saída do últimos catro maiores que quedaban nela.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Política Social e de Sanidade, nas últimas horas confirmouse a saída de tres anciáns libres de Covid e o traslado dun cuarto, aínda positivo, ao Hospital Clínico de Santiago.

Este centro sociocomunitario foi habilitado como residencia integrada (medicalizada) dependente do Sergas a finais de marzo, cando a pandemia comezou a recruar e o número de contaxios en residencias (tanto de usuarios como de traballadores) crecía de forma importante. 

Política Social confirmou que esta residencia integrada chegou a acoller a 74 anciáns afectados polo Covid-19. Aqueles que se foron recuperando foron sendo trasladados ás súas residencias de orixe.

Así mesmo, aínda que a residencia quedou baleira de usuarios, non se clausurará, senón que permanecerá aberta e a disposición do sistema sanitario por se fose necesario trasladar novamente a algún maior contaxiado.

A residencia integrada Porta do Camiño queda baleira
Comentarios