Ricardo Varela defende a creación dunha celulosa nas Pontes

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, entrevístase con empresarios das Pontes (Foto: AGN)
photo_camera O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, entrevístase con empresarios das Pontes (Foto: AGN)

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, manifestou o seu apoio a que o concello das Pontes acolla unha planta de celulosa. Varela fixo estas declaracións nunha visita ao municipio na que se entrevistou con varios empresarios ponteses.

Durante o seu periplo pola localidade, o conselleiro visitou a central térmica de Endesa, onde foi recibido polo director do complexo, Luís Fernández Sabugal. O conselleiro percorreu as instalacións e interesouse polo funcionamento da central e por todo o proceso previo de extracción do carbón.

Sabugal explicoulle os detalles da próxima posta en funcionamento da planta de ciclo combinado, que utilizará gas en lugar de carbón para a produción de enerxía. Será a planta ferrolana de Reganosa quen proporcione o gas para que poida funcionar a central das Pontes.

Comentarios