Rojo estreita relacións con asociacións locais estadounidenses e asiáticas

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participou hoxe en Taipei (Taiwán) nunha reunión de traballo co Presidente do Foro Comunitario de representantes de gobernos locais  (TCF) en calidade de presidenta da Conferencia de Asembleas Rexionais Europeas (CALRE) .

Na reunión tamén participaron o presidente da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL), o presidente da Alianza de Conselleiros Locais Xaponeses e diversos representantes da Administración taiwanesa.

Durante o desenvolvemento da reunión debatiuse como estreitar os lazos de colaboración entre as diferentes asociacións internacionais participantes no Foro. Neste senso, presentouse un borrador de posible acordo de cooperación de cara a elaboración dun foro internacional entre as entidades colaboradoras, acordo que a Presidenta do Parlamento Galego e Presidenta da CALRE levará na orde do día do próximo Comité Permanente da CALRE para a súa aprobación.

O obxectivo deste acordo é poder compartir as boas prácticas existentes así coma a creación de sinerxías entre a CALRE, o TCF, a NCSL e a Alianza de Conselleiros locais xaponeses, para favorecer o desenvolvemento de entidades de goberno descentralizadas eficaces, e promover así democracia local e rexional.

Comentarios