Rojo recibe no Parlamento a unha delegación de deputados xaponeses

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu esta mañá na sede do lexislativo galego a unha delegación de deputados da prefectura de Kagawa (Xapón) que se atopan de visita en Galicia.

Rojo explicoulles o funcionamento da Cámara autonómica e, na súa condición de presidenta da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), avogou polo intercambio de experiencias entre os diferentes parlamentos.

A presidenta do Parlamento de Galicia agradeceu a visita da delegación nipona que hoxe se achegou á sede do lexislativo autonómico, e recordou a recente estadía en Santiago do primeiro ministro de Xapón, Shinzo Abe, que se sumou á efectuada anteriormente polo príncipe Naruhito, as dúas no marco do Ano Dual España-Xapón que conmemora o cuarto centenario das relacións entre os dous países.

Comentarios