Ruptura das negociacións entre PSOE e BNG no pacto polo concello de Lugo

O PSOE e o BNG romperon este mediodía as negociacións na cidade de Lugo, deixando aparcado un posible acordo de gobernabilidade. Esta ruptura chega despois de que os socialistas fixeran pública a súa proposta, baseada na presentada o fin de semana pasado e que os nacionalistas xa rexeitaran naquel momento.

As dúas delegacións mantiveron hoxe unha reunión na que os socialistas mantiveron a súa proposta inicial, que limitaba ó 10% a presenza do BNG nos orzamentos. O portavoz da comisión negociadora do Bloque, Xesús Méndez, responsabilizou directamente a López Orozco da ruptura das negociacións, pola súa negativa a "recoñecer a representación que lle corresponde ó partido".

Apesares desta situación, os responsable provincial dos socialistas na cidade das murallas, Luis Ángel Lago Lage, non pecha as portas a un posible acordo nos próximos meses, afirmando que "nós estamos aquí, o BNG só ten que chamar". Esta ruptura únese deste xeito á acontecida onte en Pontevedra, no que o PSOE interrompeu definitivamente as negociacións ante o cambio de actitude dos nacionalistas.

Acordo en Vilagarcía
O pacto sí que chegou en Vilagarcía, despois de varias semanas de negociacións entre socialistas e nacionalistas, no que haberá un executivo de coalición do que Esquerda Unida quedará apartado. Os socialistas gobernarán en minoría, e o pacto inclúe unha reorganización na estrutura do goberno local: o BNG queda cunha tenencia de alcaldía única e dúas concellerías. O alcalde Enrique León afirmou que o a gobernabilidade "será complicada" ó estar en minoría simple pero que buscará acordos con Esquerda Unida para garantir a estabilidade.

Comentarios