lunes. 24.02.2020 |
El tiempo
lunes. 24.02.2020
El tiempo

Sanidade alerta das baixas reservas dos grupos sanguíneos 0-, A+ e B+ en Galicia

Autobús de la Axencia de doazón de órganos e sangue. AEP
Autobús de la Axencia de doazón de órganos e sangue. AEP
Esta semana unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán máis de 40 concellos galegos

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, apelou este martes á solidariedade dos galegos para doar sangue e incidiu na necesidade de aumentar as reservas dos grupos Cero negativo (0-), A positivo (A+) e B positivo (B+). 

Almuiña acudiu este martes a doar sangue nos edificios administrativos da Xunta en San Lázaro, en Santiago, acompañado pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García. 

O titular de Sanidade apelou " xenerosidade e solidariedade" dos cidadáns para que doen sangue. Ademais, indicou que, aínda que como sempre o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doantes, nestas semanas destacou que se necesita aumentar as achegas dos grupos A positivo, Cero negativo e B positivo. 

Almuiña recordou que ao longo desta semana as unidades móbiles de ADOS visitarán máis de 40 concellos galegos para facilitar o acceso á doazón. Ademais, sinalou que se poden participar nos sete locais permanentes de atención ao doante de sangue nas sete grandes cidades galegas. 

Sanidade alerta das baixas reservas dos grupos sanguíneos 0-, A+ e...
Comentarios