Lunes. 27.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 27.05.2019
El tiempo

Sanidade insta á implicación da cidadanía para que as praias galegas estean "libres" de fume de tabaco

Playa de Mogor, en Marín. DAVID FREIRE
Playa de Mogor, en Marín. DAVID FREIRE

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, explicou que a Rede galega de praias sen fume naceu "cun fin educativo e de sensibilización social"

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, instou á implicación da cidadanía para que todas as praias galegas estean "libres" do fume do tabaco.

Fíxoo durante a conferencia inaugural do II Congreso Internacional de Seguridade, Emerxencias e Socorrismo, na que se abordou esta cuestión.

Nela, o conselleiro dixo que "conseguir que todas as praias do noso litoral estean libres do fume do tabaco é un desafío que só conseguiremos coa implicación de toda a cidadanía galega".

Ademais, explicou que a Rede galega de praias sen fume naceu "cun fin educativo e de sensibilización social". Na mesma liña, expuxo que "ampliar a delimitación do consumo de tabaco ás praias permite avanzar en políticas de espazos sen fume, cambiando a percepción social".

Sanidade insta á implicación da cidadanía para que as praias...
Comentarios