Sanidade non comunica falecidos con covid-19 este sábado en Galicia 

Pasillo de Urgencias del Hula
photo_camera Pasillo de Urxencias.

A Consellería de Sanidade non notificou o falecemento de ningunha persona con covid-19 este sábado en Galicia, polo que o número de vítimas mortais rexistrado desde o inicio da pandemia mantense en 2.401 na comunidade autónoma.

Os últimos casos foron un home de 68 anos, que se atopaba ingresado no Hospital Vithas Vigo e que faleceu ao longo do xoves, e unha muller duns 102 anos de idade, no Hospital do Salnés este mesmo venres. 

A última xornada na que as autoridades sanitarias galegas non informaron de ningún falecido foi este luns, aínda que finalmente rexistráronse casos comunicados posteriormente.

Comentarios