Separar e reciclar, tamén na praia

A Consellería de Medio Ambiente inicia unha campaña de verán na que amplía a recollida selectiva de residuos a 132 praias e áreas fluviais de 66 concellos galegos. Son 19 espazos máis dos que en 2006, cando 113 zonas de baño se sumaran a esta iniciativa.

Con este proxecto, espérase, ademais de manter limpos os areais e zonas de baño, concienciar á poboación das vantaxes da reciclaxe de residuos. Para isto, instalaranse máis de 850 colectores de residuos orgánicos e outros tantos de envases lixeiros e distribuiranse bolsas para depositar o lixo entre os usuarios das praias.

Nos últimos veráns nos que se desenvolveu esta iniciativa recolléronse máis de 300 toneladas de residuos nos colectores amarelos, segundo a Consellería de Medio Ambiente.

- Praias, marítimas e fluviais, que se incorporan este ano á recollida selectiva de lixo:

  • Pontevedra: Mogor, Aguete e Loira, de Marín; Cabeceira, Covelo, Lourido, Xiorto e Raxó, en Poio; Areas Gordas, Canelas e Bascuas, en Sanxenxo.
  • Lugo: Lóngara, en Barreiros; áreas recreativas de Castro de Rei e da Potabilizadora, en Lugo.
  • A Coruña: Bastiagueiro e Mera, en Oleiros; Barraña, en Boiro; Mar de Lira, en Carnota; Ponzos, en Ferrol; Ponte do Porco, en Miño.
  • Ourense: praias fluviais de Caneiro, en Baltar; Pozas de Melón no río Cerces; praia de Vilariño de Conso e Laza.

Comentarios