Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

De la Serna defende o veto ao traspaso da AP-9: "É da rede estatal e o Estado ten que ter competencias"

Alberto Núñez Feijoo, Mariano Rajoy, Ana Pastor e Iñigo de la Serna durante la puesta en servicio de la ampliación de capacidad de la AP-9. LAVANDEIRA JR
Alberto Núñez Feijoo, Mariano Rajoy, Ana Pastor e Iñigo de la Serna durante la puesta en servicio de la ampliación de capacidad de la AP-9. LAVANDEIRA JR

O ministro de Fomento sinala que "se chegou a pedir a liberalización da peaxe" e advirte que isto suporía "miles de millóns de euros"

O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, defendeu o veto do Goberno central ao traspaso a Galicia da AP-9 porque "é unha autoestrada que é da rede estatal e o Estado ten que ter competencias". "Así o establece a lei", resolveu. 

Preguntado este luns durante unha entrevista na Cadena Ser, De la Serna explicou que o Executivo de Mariano Rajoy "mantén" as competencias nesta autoestrada pero "desde logo" o fai "cun contacto e un diálogo permanente co territorio". Neste sentido, apuntou á existencia dunha comisión mixta "que toma decisións sobre a xestión" e que "serviu por exemplo para que se poidan asumir os gastos correspondentes a unha bonificación que estaba a levar a cabo a Xunta de Galicia", polos tramos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala. 

Tamén a través desta comisión "está a abordarse agora o asunto de Redondela", apuntou, en referencia á resposta favorable do ministerio á petición da Xunta de eliminar a peaxe na AP-9 no percorrido entre esta localidade e Vigo. Dita gratuidade, con todo, será compensada na tarifa que se paga por circular no resto da autoestrada. 

"Estamos a tomar decisións en coordinación coa Xunta pero a responsabilidade é nosa", profundou na súa resposta o titular de Fomento, para a continuación referirse a que "se chegou a pedir a liberalización da peaxe, como se pide tamén noutros lugares", e apuntar que isto "supón miles de millóns de euros".

O VETO. Os grupos con representación no Parlamento galego, PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG, aprobaron por unanimidade unha proposición de lei para debater no Congreso a transferencia da AP-9. Con todo, a Cámara baixa, que preside a deputada do PP por Pontevedra Ana Pastor, a través da Mesa, asumiu a "desconformidade" do Goberno español e rexeitou que o pleno tomase en consideración esta iniciativa. 

De la Serna defende o veto ao traspaso da AP-9: "É da rede estatal...
Comentarios