jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Simboloxía franquista ás portas da Xunta

A Policía Autonómica retirou os obxectos pousados ás portas de San Caetano (Foto: Pepe Ferrín/AGN)
A Policía Autonómica retirou os obxectos pousados ás portas de San Caetano (Foto: Pepe Ferrín/AGN)

Membros da organización independentista Nós-Unidade Popular deixaron esta mañá ante as dependencias da Xunta en San Caetano, máis de 50 placas de rúas das diferentes cidades galegas identificadas como simboloxía fascista. No lote incluían tamén un escudo de pedra e a cabeza dunha estatua.

A iso das 12:30 do mediodía depositaban os rótulos e símbolos na beirarrúa, e media hora despois chegaban membros da Policía Autonómica a custodialos mentres non eran retirados. A acción de Nós-UP forma parte da campaña "Higiene, justiça e dignidade democrática. Simbologia fascista fora da Galiza".

Entre outras localidades, a agrupación retirou ultimamente placas de poboacións como A Coruña, Ferrol, Vigo, As Neves, Mondariz, Tui Xinzo, Neda, Fene ou Tui.

Simboloxía franquista ás portas da Xunta
Comentarios