viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

O sindicato de maquinistas esixe a dimisión de Blanco por "eludir responsabilidades" en Angrois

José Blanco durante a súa comparecencia. EFE
José Blanco durante a súa comparecencia. EFE

Os membros de Semaf decláranse "atónitos, perplexos e indignados" polo ton da comparecencia do exministro

O sindicato de maquinistas Semaf emitiu este mércores un comunicado de prensa no que cualifica de "feito grave" o ton da comparecencia do exministro de Fomento José Blanco do luns, polo que esixen a súa "dimisión inmediata". En caso contrario, pide o seu "cesamento de todos os cargos públicos que poida ostentar", ao entender que "non representa nin os principios dun partido do que forma parte, nin moito menos o conxunto dos cidadáns". 

"Atónitos, perplexos e indignados", os membros de Semaf acusan o exministro de "eludir a responsabilidade que asumiu e que o levou a tomar decisións que supuxeron sustentar exclusivamente, durante moito tempo, a seguridade ferroviaria en mans dos profesionais da condución, os maquinistas". 

"Coa negación dos feitos e a non asunción de responsabilidades non poderemos avanzar cara a unha cultura xusta de seguridade, da que participemos todos os actores que formamos parte e que a investigación dos mesmos leve a determinar as causas e, unha vez coñecidas, pór as barreiras necesarias para evitar que volvan ocorrer", asevera a organización na nota. 

Co mesmo cualificativo que lle dedicou o propio luns o avogado do condutor Francisco Garzón, atribúenlle un discurso feito "de maneira miserable, acusando a outra vítima do desgraciado accidente".  Ao seu xuízo, "a falta de medidas que eliminasen o risco existente, por incumprir todos os requisitos previos á inauguración do traxecto (...) e as decisións posteriores que engadiron máis risco ao xa existente, supuxeron (...) pór en perigo a integridade física de cidadáns e profesionais". 

"Todas estas decisións leváronse a cabo por facer unha utilización interesada da política e da economía por parte dos partidos políticos, no canto de polas ao servizo dos cidadáns e, neste caso, da seguridade, aspecto esencial no transporte e aceno de identidade no ferrocarril", asevera. 

O sindicato de maquinistas esixe a dimisión de Blanco por "eludir...
Comentarios