viernes. 21.02.2020 |
El tiempo
viernes. 21.02.2020
El tiempo

Dez consellos para unha volta ao cole en clave R: reducir, reutilizar e reciclar

Sogama lembra que con sinxelos xestos é posible aliviar o impacto económico ás familias e, ao mesmo tempo, coidar o medio ambiente

Finalizadas as vacacións de verán, a volta ao cole dos pequenos e mozos da casa supón unha pequena revolución para as familias, pois máis aló de organizar as rutinas diarias e lidiar coa conciliación laboral e persoal, o gasto increméntase de forma exponencial. Uniformes, libros, carteiras, libretas, lapis, bolígrafos e un longo etcétera de material faise necesario para equipar os nenos.

Coa pretensión de facer un pouco máis levadío o retorno ás aulas, "minimizar o impacto no peto dos fogares e protexer o medio ambiente", Sogama destaca a importancia dunha "planificación previa e unha avaliación minuciosa das medidas a poñer en marcha, evitando así o uso desmedido de recursos". Neste sentido, a empresa pública lembra que "pensar en clave R constitúe o primeiro mandamento a seguir, toda vez que a redución, a reutilización e a reciclaxe poden resultar de gran axuda". 

Sogama ofrece dez consellos para aplicar nesta volta ás aulas:

  1. Revisar armarios e caixóns para aproveitar todo o que poida ter utilidade e, a partir de aí, elaborar unha lista de artigos a adquirir que sexan realmente necesarios.
  2. Indagar na posibilidade de reutilizar uniformes doutros nenos/as e, de non ser viable, aproveitar as ofertas e descontos. Comparar calidade e prezos.
  3. Recuperar libros de texto usados. O mercado de segunda man pode resultar de utilidade, dando a oportunidade de adquirilos a prezos moi asequibles.
  4. Priorizar a compra de material ecolóxico duradeiro, libre de tóxicos e, polo tanto, menos perigoso para os pequenos e máis respectuoso coa contorna.
  5. Optar polo papel reciclado, bolígrafos recargables e calculadoras solares.
  6. Un curso novo non significa mochila nova. Cun pouco de destreza e creatividade, a vella pódese arranxar e modernizar.
  7. Para a merenda ou tentempié de media mañá, apostar por envoltorios reutilizables, a bolsiña de tea de toda a vida ou ben o tupper.
  8. Nada mellor que produtos sans para unha alimentación equilibrada. Fóra a bolería industrial e os seus múltiples envases plásticos individuais de usar e tirar.
  9. Para os desprazamentos,  prescindir do coche particular sempre que sexa posible. Camiñar, utilizar o transporte público ou compartir vehículo con outras familias constitúen as mellores alternativas.
  10. E que non falte a práctica dos tres erres en todo momento (reducir, reutilizar e reciclar).

Dez consellos para unha volta ao cole en clave R: reducir,...
Comentarios