Elas son mellores estudantes

O 62% dos alumnos galegos con mellores notas en secundaria son rapazas

Acto celebrado o pasado mércores no Palacio de Congresos, en Santiago. USC
photo_camera Acto celebrado no Palacio de Congresos, en Santiago, para premiar os mellores estudantes. USC

A USC homenaxeou o mércores pola tarde a máis de 700 estudantes procedentes de 201 centros públicos e privados de Galicia que sacaron unha nota por riba do 9 entre o ensino secundario e a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU, a actual selectividade).

Dos 704 mellores alumnos de Galicia, 439 son mulleres, o que representa o 62 por cento en termos relativos. A Coruña totaliza 317 (185 rapazas), Pontevedra 223 (142 alumnas), Lugo 104 (73 mulleres) e Ourense 60 (39 mozas).

Todos e todas recibiron diplomas nun acto presidido, no Palacio de Congresos de Santiago, polo reitor Antonio López e polo alcalde compostelán, Martiño Noriega, entre outras autoridades.

Comentarios