Todas as axudas públicas aparecerán en internet

A transparencia nas axudas públicas é a intención da Lei de Subvencións de Galicia, aprobada hoxe polo Parlamento. Trátase da máis amplia do Estado, xa que implica tamén ás entidades locais e as universidades. "Evitar calquera tipo de prácticas clientelares" no reparto de axudas é o que persigue, tal e como explicou o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio.

En 3 meses comezará a aplicarse, aínda que haberá un periodo de transición en cada concello, xa que teñen que elaborar un reglamento específico para o municipio. Na redacción do texto terán que participar tamén representantes locais.

A lei limita a concesión de subvencións directas, incluídas as realizadas a través de convenios, a casos "excepcionais", nos que se acredite o suposto legal de interese público, social, económico e humanitario.

Tamén se crea un rexistro público de subvencións e convenios en internet, que poderá ser consultado por calquera cidadán, e se "simplifica o papeleo" eliminando trámites innecesarios.

Comentarios