jueves. 05.12.2019 |
El tiempo
jueves. 05.12.2019
El tiempo

A TVG acollerá este martes un novo debate electoral

Instalacións da TVG. CRTVG
Instalacións da TVG. CRTVG

Será ás 10.00, no programa 'Bos Días' ► Participarán as forzas políticas que teñen representación no Congreso

O programa Bos Días, da TVG, dará espazo este martes a un debate electoral con representantes das forzas políticas que actualmente teñen representación no Congreso: PP, PSOE e En Común-Unidas Podemos. Ás que se sumarán En Marea e BNG.

O evento terá lugar ás 10.00 horas e Fran L. Iglesias será o encargado de moderar as intervencións. 

No debate participarán: Marta González, candidata número 2 do PP pola Coruña; Pablo Arangüena, número 2 pola Coruña do PSdeG-PSOE; Yolanda Díaz, candidata número 1 por Pontevedra de En Común-Unidas Podemos; Iván Olmos, número 1 por Ourense de En Marea, e Néstor Rego, candidato número 1 do BNG pola Coruña.

A TVG acollerá este martes un novo debate electoral
Comentarios