Un matrimonio dos miguelianos defende a normalidade na Orde

Supostamente, os dous membros foran forzados por Miguel Rosendo, líder da seita
Miguel Rosendo, líder de la secta de Oia, tras ser detenido en diciembre de 2014
photo_camera Miguel Rosendo, líder de la secta de Oia, tras ser detenido en diciembre de 2014

Un matrimonio supostamente "forzado" polo líder da extinta Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, Miguel Rosendo, desmentiu que os matrimonios foran concertados e trasladaron nas súas declaracións a "normalidade" deste grupo, coñecido como dos miguelianos, e que "o da seita é cinematográfico". Así o trasladou a defensa de Miguel Rosendo, que explicou que esta parella, que na mañá deste xoves declarou ante a xuíza de instrución número 1 de Tui, é unha das que vivía na casa nai de Mougás e levan uns 10 anos de matrimonio.

Ademais, trátase dun varón e unha muller que estiveron "metidos no corazón" da Orde e, sempre segundo a versión da defensa, este xoves coas súas declaracións "deron moita normalidade" e transmitiron "que eran xente normal e o da seita é todo de película". "Desmentiron todo, era todo unha patraña", apostilou.

Segundo explicou, quen acusa de que os matrimonios "eran apañados" é unha muller que é "das poucas que di que sufriu abusos sexuais", e a parella apuntou que supostamente denunciou por "rancor" cara a Miguel Rosendo, ao que culpa de que o que era o seu noivo deixouna para facerse sacerdote e acabou casado con outra rapaza que formou parte da Orde.

A defensa tamén dixo que, sobre esta muller, o matrimonio mantivo que era unha persoa "conflitiva, con ansias de protagonismo, vaidades e envexas persoais". Así as cousas, concluíu que a parella "desmentiu todos os puntos sobre os que a acusación particular construíu isto".

Comentarios