Una acampada y una protesta recuerdan a la Xunta que A Coruña no tiene residencia universitaria

Unha acampada que arrinca este mércores e unha protesta convocada para o xoves son os dous actos cos que os Comités --o sindicato maioritario do estudantado galego-- quere lembrarlle á Xunta que a Universidade da Coruña --UdC-- segue a ser "a única do Estado" que non conta cunha residencia pública.

Nun comunicado de prensa, o seu responsable nacional, Marcos Loureiro, rememora o acordo que no ano 2003 asinaron a Consellería de Vivenda e a Vicerreitoría de Infraestruturas asinaron para a posta en marcha dun proxecto que se traducise "nun aloxamento público e de calidade para o estudantado".

Xa daquela houbera mobilizacións, que agora se repiten. "Co cambio de Goberno o proxecto fica paralizado e o futuro da residencia pública é máis que incerto". Ao entender dos Comités, unha universidade "verdadeiramente pública" pasa pola existencia de aloxamento "público e de calidade" para os estudantes, polo que a carón das críticas respecto da Coruña sitúanse outras como o peche da residencia universitaria compostelá Monte do Gozo ou as "lamentables condicións" nas que se atopan outras.

Así, no marco da campaña Residencia Pública Xa!, o colectivo reclama que se desbloquee a área residencial da UdC; que se xestionen publicamente as prazas de aloxamento, en cuxa asignación primen "os criterios económicos sobre os académicos"; e que o estudantado "participe directamente" na definición dos usos e no reparto de espazos dentro destas residencias.

Comentarios