Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

A Valedora insiste en que Audasa "debe levantar as barreiras" na AP-9 "en caso de retencións importantes"

Milagros Otero, Valedora do Pobo. AEP
Milagros Otero, Valedora do Pobo. AEP

A institución remite dúas queixas de oficio polos atascos á Fiscalía de Pontevedra, que estuda emprender accións civís 

O Valedor do Pobo insiste en que Audasa "debe levantar as barreiras" das peaxes da AP-9 "en caso de retencións importantes", xa que, segundo considera a institución dirixida por Milagros Otero, o servizo nunha autoestrada de pago "ten que ser óptimo de forma permanente". "O desenvolvemento de obras prexudiciais para o servizo debería ir acompañado de medidas compensatorias aos usuarios que ven aumentados os tempos nos seus desprazamentos", manifestou o órgano. 

E é que, segundo informou este xoves nun comunicado, a Valedora concluíu a súa queixa de oficio, aberta na primavera de 2017, ao producirse os atascos no tramo entre Pontevedra e Vigo "por mor das obras realizadas na vía". Estas dúas actuacións, tramitadas entre 2017 e 2018, foron remitidas á Fiscalía Provincial de Pontevedra a petición deste órgano xudicial, que prevé emprender accións civís polos prexuízos ocasionados. 

Así, Milagros Otero informou de que, ademais das actuacións de oficio, tramitou queixas individuais polo mesmo asunto, polo que asegura que os afectados "poden dirixirse á Fiscalía".

RETENCIÓNS "CONTINUAS". En palabras da valedora, as retencións son "problemas que se ocasionan de forma continuada" na AP-9 e que "non recibiron unha resposta adecuada pola concesionaria e pola administración competente". 
"Igual que ocorreu en 2017, os responsables da autoestrada non abriron as barreiras como unha consecuencia lóxica de reacción ante a imposibilidade de manter un servizo adecuado nunha vía de pago", censura a institución, á vez que afirma que se "dirixiu de novo" a Audasa, sen obter resposta algunha. 

Ademais, segundo indicou a Valedora, solicitouse tamén un informe á Delegación do Goberno en Galicia, pero ve que "o contrato de concesión non contempla en ningún caso a supresión ou rebaixa da peaxe, e en particular durante a execución de obras". 

A Valedora insiste en que Audasa "debe levantar as barreiras" na...
Comentarios