V.Carrera: ''Damm y Luxempart no pueden salvar Pescanova porque fueron parte de su hundimiento''

O xornalista e ecritor Valentín Carrera (Ponferrada, 1958) está en plena promoción de Pescanova. Crimen Perfecto, no que desvela todos as claves do escándalo financeiro.

P ¿Como está a funcionar o libro?
R
Non hai queixa. Non é unha novela de aventuras, pero si que hai unha alarma social grave e o libro responde a esta inquedanza.

P O libro titúlase ‘Pescanova, crimen perfecto’. Non tan perfecto, que ao final destapouse o asunto.
R
É de Hitchcock de quen tomo  o título, el dixo que non existe o crime perfecto. Pero neste caso unha estafa financeira de alto nivel e supermillonaria foi un crime inperfecto que funcionou perfectamente durante vinte anos. Hai días descubriuse que a débeda era de 4.200 millóns de euros, a metade do orzamento de Galicia.

P ¿E como se chega a acumular esta débeda sen facer ruído?
R
Coa complicidade de membros do consello de administración, con que algúns dos accionistas calen ou miren para outro lado, coa complicidade do núcleo duro dos empresarios de Chapela, os testaferros... A complicidade dos auditores, que durante dez anos informaron favorablemente sobre as contas, orixinando información falsa no mercado; a complicidade da CNMV, que non fai o seu traballo e pasa a situación por alto; a dos polítios e medios de comunicación, xa que Fernández Sousa é considerado empresario modelo, galego do ano, etc... Non podemos esquecer que Pescanova aparece nos papeis e Bárcenas como unha das empresas doantes do PP, polo que aquí hai unha complicidade política; e tamén co PSOE, porque o alcalde de Vigo tamén mira para outro lado. Ao final configúrase unha confabulación na que o rei está nu e a empresa ten os pés de barro; e en canto estala o escándalo vaise todo abaixo.

P Pero, ¿cre era todo mirar para outro lado ou hai unha verdadeira implicación nas partes?
R
Iso será o xuíz quen o diga, pero Sousa últimamente anda moi caladiño agora que saiu o dos 4.200 millóns. Eu quero que explique como xenerou esa débeda. El di que se deixou a vida por Pescanova, pero este señor ten localizadas contas en paraísos fiscais. Que explique para que as quería e das súas amistades perigosas na pólítica. No Parlamento case non se ten falado do tema. ¿Por que o PP e o PSOE están tan calados? Eu penso que esta conduta precisa dun reproche e dunha alarma social e iso pasa polo cárcere.

P As veces esquecémonos de que este non é un tema estríctamente galego, ¿que interese ten en lugares onde tamén fixo presentacións como Barcelona ou Madrid?
R
Si, tamén aí hai moito interese. O cliché de que Pescanova é unha empresa galega –promovida polos xestores– é falso, deixou de selo a partir dos 80. Pode que teña a base en Chapela pero o capital máis grande do seu negocio está en Namibia, Mozambique ou  Sudáfrica; e a maioría dos seus traballadores están fóra. Podemos dicir que Pescachile é unha empresa chilena ou que Novanam era de Namibia... Dos accionistas: hai que pensar que os Canceller son empresarios cataláns, Luxepart é de Luxemburgo e ademais, cotiza en bolsa, polo que hai miles de accionistas dispersos por todo o mundo. Polo tanto, si que era unha empresa galega en orixe, pero de ningún xeito se podía considerar que estivera ao servizo de Galicia.

P ¿Cómo interpreta a demanda por despido improcedente ou  que un familiar tente saír do país cunha grande suma de diñeiro?
R
Encaixa coa psicoloxía do personaxe. El estaba acostumado a descolgar o teléfono e pór firme un conselleiro; despois de Fraga, mandaba el e todo o mundo facía o que Fernández de Sousa quería. Con esa impunidade fixo o que lle deu a gana en Galcia e amigos moi poderosos que seguramente lle estén protexendo... Pero caer nesa estrafalaria cousa de querer sacar cinco millóns de euros por medio da súa muller e que lle pille a Policía, iso non o explicou. Dixo que quería mandalos a Hong Kong... O de demandar á propia empresa por despido improcedente, sendo o seu un cese voluntario, ¿como non vai ir ao cárcere? Estes tiburóns financeiros de casta poderosa viven instalados noutro mundo lonxe dos mortais, nas súas mansións, nos seus iates... O que lle falta a esta xente é un puco de humildade.

P ¿Despois da saída á luz da nova débeda, ¿hai previsión de que saía algo máis?
R
As contas presentadas en febreiro sinalaban unha ganancia de 50  millóns, que agora resulta que son de 790 en perdas, iso é un desfase de 840 millóns. Un non se pode equivocar nas contas desa maneira. O disparate de Pescanova é a mentira total. Eu non podo dicir se as contas presentadas agora son as verdadeiras, pero dá a impresión de que temos unha radiografía próxima ao que hai.

P E agora, ¿que vai a pasar?
R
Iso pasa polo xúiz concursal. O grupo Damm do señor Canceller,  imputado polo xuíz Ruz por branqueo de capitais na AN, e o grupo Luxempart, sobre o que hai dúbidas da súa conduta na crise de Pescanova na súa complicidade con Sousa na última ampliación de capital, preséntanse como salvadores de Pescanova, pero non poden selo, porque eles formaron parte do seu afundimento.

P Entón, ¿os ve como donos totales da compañía?

R Vexo moi difícil que se saian co seu propósito. Unha empresa cunha débeda de 4.200 millóns non hai quen a levante. O que a banca vaia perder 3.000 millóns sorprenderiame moito non creo que a banca tolease e lle dé por tirar os cartos. Ao final pode ser que o rescate de Pescanova non o sairá do peto de Botín nin do BBVA, senón que o acabemos pagando todos do noso, dos cartos do FROB das caixas, que é débeda de todos nós. En todo caso, a Pescanova que quede terá que sobrevivir á liquidación e esquivar un montón de trabas, e dificultades, pleitos, as demandas que ten de indemnización... É un percorrido tan longo que eu lle vexo unha difícil saída. Penso que Pescanova acabará por desaparecer e non tardando.

P Entón, ¿como ve o futuro da compañía?
R
Se a mercara Damm, que está participado pola empresa de alimentación alemá Dr.Oetker, trocarán o logotipo polo desta, moi pareceido ao actual. Se o comprara Mercadona, que xa ten Hacendado, tamén se desfarían da marca e collerían os produtos que lles interesara lle porían a etiqueta da súa. Pescanova nestes momentos é unha marca maldita, ten unha reputación negativa do mesmo xeito que lle pasou a Caixa Galicia ou Caja Madrid, que agora lle quitaron o osiño do logo e chámase Bankia, para que non recorde en nada ao pasado. A Pescanova vaille pasar igual. Os compradores repartiranse as licencias para pescar, que si teñen valor, e as empresas de todo este entramado internacional irán desgallándose,so da empresa. Ao final o que tes non é un potencial do copón, senón unha morea de problemas enriba da mesa.

P ¿Espera algunha resolución xudicial a corto medio prazo?

R Teño ao xuíz Ruz en boa estima. Hai probas de que houbo un delito, hai probas e hai autores. Eu penso que non lles salva dunha condena nin a caridade. Hai un informe forense elaborado polos peritos xudiciais ante a Audiencia Nacional, así que cando o xuíz teña instruido o caso pasará ao Tribunal. Como esta xente ten cartos en paraisos fiscais irá lento e pasarán dez anos e seguirá rulando aínda por aí o asunto, como pasou con Rumasa, pero os autores non teñen escapatoria.

Comentarios