Xulio Ferreiro: "Non sei se as luces do Nadal da Coruña se verán desde o espazo"

O alcalde da cidade herculina chancea sobre o anuncio que deu Abel Caballero para o comezo da instalación desta decoración

Xulio Ferreiro. MONCHO FUENTES (AGN)
photo_camera Xulio Ferreiro. MONCHO FUENTES (AGN)

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, puxo en dúbida que sexa "o que corresponda" pór as luces do Nadal nestas datas, ao ser preguntado pola decisión do rexedor vigués, Abel Caballero, de iniciar xa a súa colocación.

"Eu non sei se as da Coruña veranse desde o espazo ou non", chanceou, despois de que Abel Caballero asegurase que as de Vigo "van ser o non vai máis".

Preguntado se na cidade herculina comezarase xa a colocación da iluminación do Nadal, dixo que non sabe "se corresponde" falar do Nadal "cando aínda estamos no verán".

Á marxe diso, manifestou que o contrato de luces do Nadal no caso do concello coruñés está xa "adxudicado desde hai dous anos". 
 

Comentarios