A Xunta destinou en 2019 máis de cinco millóns de euros aos concellos para a promoción da igualdade

Resultaron beneficiados o 85% dos municipios galegos e a provincia de Pontevedra recibiu 1,47 millóns de euros ▶ As axudas abarcan distintos eidos e teñen por obxectivo subvencionar programas de prevención da violencia de xénero
Marcha en defensa da igualdade e contra a violencia de xénero na que os paraugas morados convértense nun símbolo. DP
photo_camera Marcha en defensa da igualdade e contra a violencia de xénero na que os paraugas morados convértense nun símbolo. DP

A Xunta destinou en 2019 algo máis de cinco millóns de euros para distintas liñas de colaboración cos concellos e entidades locais galegas. O obxectivo destas axudas é poñer en marcha programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Este investimento forma parte do plan galego de actuación para a implantación en Galicia das medidas de competencia autonómica, incluido no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dotado en 2019 con 16 millóns de euros.

Os cinco millóns de euros destináronse á rede de apoio aos Centros de Información da Muller (CIM), que contou cun orzamento de 3.197.589,52 €, ó fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (794.136,04€); ó programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (778.100,32 €), e ó programa de promoción de igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (288.368,41 €). A provincia de Pontevedra recibiu 1,47 millóns de euros.

Inversión
56 concellos da provincia de Pontevedra recibiron 1,47 millóns de euros para desenvolver os catro programas deste eido

En total, resultaron beneficiados 266 concellos de Galicia, o que supón o 85% do total dos municipios galegos, mediante solicitude individual ou conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Na provincia de Pontevedra resultaron beneficiarios 56 concellos (44 entidades locais, seis solicitudes agrupadas e 18 concellos agrupados).

CIM. Os Centros de Información ás Mulleres (CIM), distribuídos por todo o territorio galego para prestar asesoramento e orientación, son ferramentas decisivas para a promoción e consecución da igualdade real así como para a prevención, detección e loita contra a violencia de xénero. A súa distribución ao longo do territorio permite unha relación de proximidade e atención directa das mulleres. Grazas ós máis de tres millóns de euros de subvención, a Secretaría Xeral da Igualdade axuda ao mantemento do persoal que traballa nos CIMs galegos. Concretamente son 195 postos de traballo en Galicia, dos que 60 corresponden á provincia de Pontevedra.

Dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero son algunhas das accións que desenvolven os CIMs.

O orzamento para a provincia de Pontevedra foi de 986.040,95 € beneficiando a 26 concellos na provincia. O Concello de A Lama (agrupado con Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes) recibiu un orzamento de 60.000 euros; Lalín (agrupado con Agolada e Rodeiro), 51.000 €; Poio, 45.000 €; Baiona, 45.000 €; Moaña, 44.974,63 €; Caldas de Reis (agrupado con Barro e Portas), 44.557,78 €; Vilagarcía de Arousa, 44.577,19; Silleda, 42.032,76€, A Guarda, 41.725,98 €; A Guarda, 41.725,98 €; Marín, 41.374,45 €; Vigo, 40.868,8 €; Vigo, 40.868,8 €; Mancomunidade do Salnés (que agrupa Cambados, Meis, Ribadumia e Vilanova de Arousa), 40.000 €; Soutomaior (que agrupa Pazos de Borbén e Vilaboa), 39.403,71 €, Nigrán, 38.688,01 €; Bueu, 37.441,05 €; Sanxenxo, 36.790,28 €; Pontevedra, 34.389,33 €; A Estrada, 33.374,79 €; O Porriño, 31. 438, 68 €; O Grove, 31.359,08 €; Valga (agrupado con Moraña), 31.237,91 €; Cangas, 29.401,51 €; Redondela, 29.302,10 €; Gondomar, 25.808,15 €; Ponteareas, 25.659,15, e o Concello de Mos, 19.635,61 €.

Emprego
Grazas ás subvencións dos CIMs axúdase ao mantemento do persoal da rede: 60 personas na provincia de Pontevedra

SENSIBILIZACIÓN. A sensibilización de toda a sociedade é un elemento fundamental para acadar a igualdade e a prevención da violencia de xénero e só se pode conseguir a través do compromiso transversal de moitos sectores da sociedade por iso, outra das liñas adicadas ós concellos e entidades locais, é o programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. A contía concedida neste eido foi de 788.100 € e resultaron beneficiados 131 concellos galegos. Na provincia de Pontevedra a partida asignada foi de 234.040,99 € e resultaron beneficiados os concellos de A Estrada, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Nigrán, Ponteareas, Ribadumia, Silleda, Soutomaior, Vigo, Sanxenxo, Meis, Vilanova de Arousa, Cambados, Baiona, Oia, Redondela, Valga, Tomiño, Caldas de Reis, Mos, Moaña, O Grove, Cuntis, Pontecesures, A Cañiza, Covelo, Portas, A Guarda, Moraña, Rosal, O Porriño, Campo Lameiro e Tui.

O programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero contou cun orzamento de 288.368,41 €. Para a provincia de Pontevedra destináronse 111.977,63 € e resultaron beneficiados 16 municipios (Cambados, Ribadumia, Tomiño, Vigo, Vilanova de Arousa, Pontevedra, Soutomaior, Moaña, Cangas, Gondomar, Ponteareas, A Guarda, Mos, Redondela, Cuntis e Porriño.

No relativo ó programa de fomento da conciliación unha ducia de concellos da provincia pontevedresa -76 en toda Galicia- recibiron unha achega de 138.435,69 € e foron Cerdedo-Cotobade, A Estrada, A Guarda, Cuntis, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Silleda, Valga, Vigo, Catoira e Arbo.

Fondos
As axudas do plan galego contra a violencia de xénero están cofinanciadas con fondos europeos e do Pacto de Estado

A contía total das subvencións aos 48 concellos pertencentes á Delegación Territorial de Pontevedra ascende a 991.450,82 €, o que supón o 67,4 % do total da inversión na provincia de Pontevedra, que é de 1.470.495,26 €.

MÁIS EXPEDIENTES. A Secretaría Xeral de Igualdade tivo que facer unha ampliación de crédito de 257.076,16 € para atender aos expedientes que cumprían todos os requisitos para a concesión das axudas. Esta ampliación dirixiuse a dous programas concretos: un sobre o fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, co que se atendeu a un total de 20 concellos segundo a orde da lista de espera (162.994,77 €), e un programa de apoio aos centros de información ás mulleres, no que se ampliou a dotación para atender os postos de axentes de igualdade e/ou dinamización en oito concellos (94.081,39 €).

Violencia de xénero. O Plan Galego, con 65 medidas
O plan galego de actuación para a implantación en Galicia das medidas de competencia autonómica, incluido no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, conta con 65 medidas (27 que o Goberno galego xa tiña en marcha, que reforzou ou ampliou, e 38 novas). Entre as novidades están o apoio integral a menores orfos por violencia machista, a habilitación do apoio económico e social ás vítimas gravemente feridas ou axudas á contratación de vítimas para empresas forestais e agrogandeiras.

Comentarios