lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

A Xunta Electoral recoñece o tratamento distinto a Pontón en tres informativos

Ana Pontón. EFE
Ana Pontón. EFE
Tamén desestima o recurso interposto pola CRTVG

A Xunta Electoral Central desestimou o recurso interposto pola CRTVG contra o acordo da súa homóloga en Galicia, que advertira á canle pública a necesidade de "respectar a neutralidade informativa" no período electoral previo ao comezo da campaña ras unha queixa presentada polo BNG. 

A formación nacionalista denunciou que a canle galega excluíu as declaracións da súa candidata á Xunta, Ana Pontón, até en tres informativos, optando por unha narración en off, e a diferenza dos representantes doutras forzas políticas. 

"Segundo despréndese da resolución impugnada o tratamento dado á candidata do Bloque Nacionalista Galego foi distinto do proporcionado a outras dúas formacións políticas, ao non incluír declaracións da súa candidata, e si facelo nos demais casos. E fíxoo non só un día senón tres, aínda cando o Acordo da Xunta Electoral de Comunidade Autónoma refírese só a un deles", xustifica a JEC no texto da resolución, á que tivo acceso Europa Press. 

En concreto, estes informativos emitíronse o 16, 17 e 19 de xuño e neles recóllense as palabras dos candidatos de Galicia en Común-Anova Mareas, PSdG-PSOE e Marea Galeguista, mentres que respecto do BNG "unicamente inclúese información sobre o acto pero sen intervención do seu líder".

SEN "XUSTIFICACIÓN OBXECTIVA E RAZOABLE". A resolución engade, ademais, que a propia CRTVG non achegou "unha xustificación obxectiva e razoable para esa diferenza", senón que se limitou a sinalar "que os principios de neutralidade e proporcionalidade deben aplicarse de forma atenuada, matizada ou ponderada no período electoral previo" á campaña e que "a racionalidade que é inherente á interdicción da arbitrariedade leva a establecer diferentes criterios para o tratamento informativo en función da distinta natureza do acto público". 

Neste sentido, a JEC considera que a canle pública "non explica os criterios polos que ese formato non era aplicable ao caso examinado" e aínda que recoñece "certa flexibilidade" no relativo á aplicación do criterio de proporcionalidade nese período previo, "o respecto ao principio de igualdade entre as candidaturas debe ser idéntico" tanto nas datas previas "como durante a campaña electoral". 

"Ao non facelo así a Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Xunta Electoral da Comunidade Autónoma procedeu adecuadamente a requirir ao medio para que axustase a súa actuación aos principios establecidos no artigo 66 da LOREG, motivo polo que o recurso debe ser desestimado".

OUTROS RECURSOS. Doutra banda, a JEC tamén desestimou dous recurso interposto pola coalición electoral Galicia en Común-Anova Mareas contra acordos da Xunta Electoral de Galicia de 27 de xuño de 2020. En concreto, polas campañas do Cheque Autónomos Seguimos Adiante e do Bono Solidario e Galicia Volve'da Xunta. 

A Xunta Electoral recoñece o tratamento distinto a Pontón en tres...
Comentarios