Lunes. 17.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 17.06.2019
El tiempo

A Xunta licita a redacción do proxecto de ampliación do Chus en Santiago

Complejo Hospitalario Universitario de Santiago. EP
Complejo Hospitalario Universitario de Santiago. EP

Inclúe a construción de dous edificios

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) deu un paso adiante na execución do plan funcional e de espazos para a ampliación do Hospital Clínico de Santiago (CHUS) coa licitación do contrato de servizo de redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección de obra para a ampliación do edificio.

O proxecto licitado, segundo informa a Xunta nun comunicado, deberá achegar a definición arquitectónica necesaria para a ampliación ou reforma de máis de 20.000 metros cadrados de superficie recollida no plan funcional e plan de espazos para ampliación do CHUS, aprobado pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o 21 de marzo de 2019.

O plan de espazos da ampliación recolle a construción dunha nova edificación engadida á zona do bloque cirúrxico actual de aproximadamente 18.000 metros cadrados e unha nova edificación agregada ao bloque de Consultas Externas actual de aproximadamente 4.800 metros cadrados, así como a reforma duns 6.600 metros cadrados que están en uso.

Desta forma, en total actuaríase sobre unha superficie próxima aos 30.000 metros cadrados.

A Xunta licita a redacción do proxecto de ampliación do Chus en...
Comentarios