A Xunta obrigará que os novos edificios teñan cambiadores para bebés nos baños masculinos

En caso de que non haxa, deberán habilitar unha dependencia para que podan acceder cambiar os nenos tanto homes como mulleres

Osos de la cuna de un bebé. EP
photo_camera Osos de la cuna de un bebé. EP

A Xunta de Galicia ten en marcha a Lei de Impulso Demográfico e algunhas medidas xa comezan a coñecerse. Unha delas, a que máis chama a atención, é a obrigatoriedade de que os baños masculinos teñan cambiadores para bebés. Asimesmo, tamén deberán contar cunha sala de lactancia.

En caso de que os baños de homes non teñan cambiadores, a lexislación obrigará a habilitar outro cuarto á parte onde se instale o mecanismo e que sexa accesible tanto para homes como para mulleres. A regra afecta para os edificios tanto públicos como privados.

A nova Lei de Impulso Demográfico tamén afectará ás prazas de aparcadoiro, que deberán ser máis anchas para adaptarse a familias con menores de doce anos.

Comentarios