A Xunta renova a Estratexia que facilitou o regreso de 28.000 galegos

A Estratexia Retorna Galicia 2026 duplica as medidas e o orzamento da anterior e márcase superar esta cifra ata chegar aos 30.000
Una maleta en un aeropuerto. ARCHIVO
photo_camera Una maleta en un aeropuerto. ARCHIVO

O Consello da Xunta vén de aprobar a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 (ERG2026), que duplica tanto en número de medidas, un cento, como en orzamento á súa predecesora, a Estratexia Retorna 2020, aprobada en 2018 e que mantivo a súa vixencia ata este ano. O documento marca como obxectivo facilitar o regreso á súa terra de 30.000 galegos do exterior nos vindeiros catro exercicios, o que incrementaría nun 35% o fluxon actual de retorno ata as 7.500 persoas cada ano.

A EGR2026 incidirá, a través dun cento de propostas, en catro áreas principais: laboral, educativa, social e asesoramento. A laboral é a que aglutina unha maior cantidade de medidas (37), seguida da educativa (30), a social (25) e a de asesoramento, seguimento, coordinación e control (8). O documento inclúe, ademais, un aumento de propostas específicamente dirixidas aos galegos que queiran retornar, que pasan de contar cun presuposto de 15 millóns de euros a 50, 25 máis ca Estratexia Retorna 2020. A esta cifra hai que sumarlle aquelas medidas que ofrecen algún tipo de incentivo aos galegos do exterior que decidan regresar á súa terra, o que eleva o orzamento total a 450 millóns.

A Estratexia Galicia Retorna dá así continuidade ao primeiro plan integral de fomento e apoio ao retorno que se aprobou e puxo en marcha en España. Faino partindo da idea do retorno non só como un dereito, senón como unha vantaxe competitiva para incorporar á sociedade galega persoas de distintos países coa súa formación e experiencia profesional e tamén como unha oportunidade para superar o complexo reto demográfico que ten por diante a nosa Comunidade.

Trátase do documento reitor das liñas de actuación para os cidadáns galegos residentes no exterior que, na actualidade, superan o medio millón de persoas, entre emigrantes e os seus descendentes. Recolle, así, as principais liñas de traballo en materia de retorno co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.

Respecto aos obxectivos demográficos, ata 2021 foron 28.000 persoas as que chegaron á nosa Comunidade integrando unha familia galega, e a nova Estratexia Retorna Galicia márcase superar esta cifra ata chegar aos 30.000 retornados.

Entre outras liñas de actuacións, permitirá proporcionar instrumentos de atracción profesional de poboación galega residente no exterior, así como a súa incorporación ao mercado laboral a través de medidas específicas, e potenciaranse as plataformas creadas para a xestión integral da información de interese e o asesoramento técnico.

Así mesmo, intensificarase o asesoramento, seguimento e apoio integral ás familias no retorno, e tamén ao emprendemento e ao autoemprego dos galegos retornados, en especial no rural galego; facilitarase o acceso á vivenda a través da incorporación da figura dos retornados as liñas de axuda para alugueiro, rehabilitación e compra; promoverase a continuidade educativa dos retornados e dos seus familiares; e facilitarase a participación nos programas de inclusión sociolaboral, reforzando a capacitación das habilidades transversais máis demandadas polo mercado laboral e apostando por programas de desenvolvemento persoal da xuventude retornada.

Deste xeito, a Xunta consolida a súa aposta polo rexuvenecemento da poboación galega e o recoñecemento do dereito ao retorno dos galegos residentes no exterior. A Extratexia Galicia Retorna busca dinamizar todas as provincias, axudar a asentar poboación no rural e acompañar os retornados en todo o seu proceso de integración vital e profesional.

A EGR 2026 no ámbito laboral

A área de emprego é a que máis medidas aglutina na Estratexia Galicia Retorna 2026 cun total de 37 propostas. Na liña de actuación do ámbito laboral búscase proporcionar instrumentos de atracción profesional dos galegos que residen no extranxeiro, así como facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Entre estas medidas podemos destacar a facilitazación de información a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno e a oferta de liñas de financiación sen avales (micro-créditos) ás persoas galegas retornadas para que empecen a súa actividade empresarial por conta propia nesta comunidade.

7 OBXECTIVOS A CUMPRIR. Entre os obxectivos da Estratexia na área de emprego está a promoción da integración laboral por conta allea, o autoemprego e a creación de PYMES por persoas galegas retornadas en ámbitos como o pesquero-marítimo, o do medio rural e o das empresas TIC. Ademais, cun programa de axudas, queren impulsar a financiación e cofinanciación de proxectos empresariales de nova creación e innovadores.