lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Yolanda Díaz: "O peche do paridoiro de Verín vai ser o 'Prestige' de Feijóo"

La ministra de Trabajo, Yolanda Díaz, durante su intervención en la rueda de prensa posterior a la reunión del Consejo de Ministros. JUAN CARLOS HIDALGO (EFE)
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz. JUAN CARLOS HIDALGO (EFE)
 A ministra de Traballo asume que "hai diferenzas" entre as formacións do Goberno español, aínda que o considera "algo positivo" 
 

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, percibiu que "o que pasou en Verín pode converterse nun Prestige para Feijóo", aludindo así a un posible cambio de goberno en Galicia despois do sucedido con peche e posterior reapertura do paridoiro nesta localidade ourensá. 

Así o sinalou este domingo nunha entrevista concedida á Cadena Ser, recollida por Europa Press, na que insistiu en que o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas para as eleccións autonómicas do 5 de abril, Antón Gómez Reino, é "magnífico". 

Yolanda Díaz subliñou tamén que hai que ter "moito coidado" coas tendencias variantes que mostran as enquisas. Segundo explicou, falou con Pedro Sánchez e "os dous vanse envorcar na campaña galega", porque "por primeira vez, hai unha posibilidade de derrotar a Feijóo".  "Cónstame que todas as formacións políticas imos estar de acordo niso e vaise a ver como somos capaces de pornos de acordo, da mesma maneira que o facemos a diario no Goberno central", engadiu. 

Así mesmo, admitiu que "hai diferenzas" en cada unha das formacións que compoñen o Goberno español, aínda que o considera "algo positivo". 

Neste sentido, recalcou que non cre que os rozamentos entre ministerios, que esta semana se intensificaron en relación á nova lei de liberdade sexual que prepara o departamento de Irene Montero, vaian a máis e veo dentro da normalidade.

GUÍA SOBRE O CORONAVIRUS. Por outra banda, Yolanda Díaz explicou que a guía para traballadores e empresarios con recomendacións sobre o coronavirus publicada polo Ministerio de Traballo o pasado mércores, que tamén abriu polémica no seo do Executivo, trata de "prever". Así, espera que non se dean casos que supoñan "parar a produción porque o pida a empresa ou os traballadores", aínda que, como ela sinalou, "serán os técnicos os que determinarán os riscos". 

Con respecto á decisión do Goberno español de recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza da Audiencia Nacional que condena ao Estado a pagar unha indemnización á familia de José Couso –por non defender os seus intereses ante Estados Unidos–, a ministra admitiu que Unidas Podemos ten unha "posición diferente". "Falei coa familia de José Couso, trátase dun asunto que afecta os dereitos fundamentais e creo que debe ser reparada", remarcou Yolanda Díaz. 

Yolanda Díaz: "O peche do paridoiro de Verín vai ser o 'Prestige'...
Comentarios
ç