Amaia se saca un peso de encima

amaiaAntes_dentro.jpg
photo_camera amaiaAntes_dentro.jpg

A que fora cantante de La Oreja de Van Gogh, Amaia Montero, está a preparar o seu debut en solitario, que se fará oficial coa saída á rúa o 18 de novembro dun disco que leva por título o seu nome.

A artista adiantou á revista Hola algúns detalles deste agardado traballo, malia que o que máis interese esperta é o seu novo lóok.

A loura perdeu 15 quilos desde o seu adeus á banda pop e deixou o pelo moito máis longo. Ademais, as primeiras imaxes promocionais do álbum amosan un xiro case radical no seu estilismo.

O peso nunca foi unha preocupación para Amaia, que na súa anterior etapa comentara que ela “cuns quilos máis ou menos” se ve igual de guapa.

En canto ao disco, destacou que para ela foi como gravar por vez primeira. “Foi como comezar de cero, cos sentimentos a flor de pel e coa posibilidade de sentirme eu mesma”, dixo a Hola, engadindo que no traballo reflicte o seu gusto polas cancións sinxelas, directas e sinceras.

A vocalista adiantou que un tema do CD está dedicado a seu pai, que está loitando contra o cancro.

A provocativa Soraya
No medio da promoción do seu álbum Sin miedo, a ex triunfiña Soraya (máis coñecida como Poyeya) posou para a revista FHM nunha sesión de fotos picantes.

“Agora, con 26 anos, síntome moito máis atractiva que antes. Quero sacar o meu lado máis escuro”, comenta na revista, á que confesa que se tivera que ter un affaire cunha muller escollería “sen dubidalo” a Sharon Stone.

A cantante visitará este sábado Ourense para ofrecer un concerto conxunto con outro ex triunfiño, Manu, no Teatro Principal.

Spears por Spears
O director Phil Griffin está traballando na preprodución dun filme que vai narrar o ascenso, caída e recuperación de Britney Spears.

Segundo o Daily Mirror, a produtora da cinta temía que Spears se opuxese ao filme, pero, sorprendentemente, acabou por bendicilo e será a protagonista do mesmo.

Berlusconi ofrécelle traballo a Vicky Beckham
Uns 16 millóns de dólares é o que está disposto a pagar Silvio Berlusconi a Victoria Beckham se accede a presentar un programa nunha das súas cadeas.

O mandatario e empresario envioulle á ex spice esta oferta unha semana despois de que o Milan tentara ao seu home.

O espazo que conduciría Victoria sería un reality no que se narraría a mudanza da súa familia dos Ánxeles a Milán. Se acepta a oferta, Victoria sería a persoa mellor pagada da TV.

Comentarios