BlogDay: descubrir novos recunchos na blogosfera

Que é e que sucede no BlogDay?
photo_camera Que é e que sucede no BlogDay?

Hoxe é o BlogDay ou o que é o mesmo, o día dos blogueiros. Pero que ten de especial este 31 de agosto? Segundo o creador do "Día Internacional do Blog", Nir Ofir,  fomentar o intercambio entre 'bloggers' sen fronteiras nin límites. Trátase simplemente de tentar darlle visibilidade a tódolos espazos que hai na rede.

A cousa é moi sinxela, no día de hoxe os blogueiros do mundo enteiro postearán un artigo recomendando a 5 novos blogs. Para que esta iniciativa tivese mellores resultados, o ideal  sería que fosen blogs diferentes aos da súa propia cultura ou incluso simplemente con puntos de vista distintos sobre un tema ou cuestión.

A idea é a  de descubrir novos blogueiros, de vivir novas experiencias e descubrir numerosos recunchos inexplorados na blogosfera. O "día do Blog" é unha iniciativa que se repite con éxito por terceiro ano consecutivo.

Instrucións para todo bo blogueiro:

  • Atopar 5 novos blogs que ti consideres interesantes.
  • Informar aos autores do blog selecionado da túa recomendación para o BlogDay.
  • Redactar unha pequena descrición do achado e enlazalo.
  • Publicar unha entrada o 31 de agosto, o BlogDay, mencionando os 5 blogs que ti recomendas.
  • Engadirlle o tag BlogDay de Technorati a
    http://technorati.com/tag/BlogDay2007 e un enlace ao web site BlogDay http://www.blogday.org/es

Comentarios