La cazadora cazada

cazafutbolistas_alexandra-paressant_dentro.jpg
photo_camera cazafutbolistas_alexandra-paressant_dentro.jpg

A modelo Alexandra Paressant presentouse aos medios hai tan só uns meses como unha “caza homes” que gozara dunha serie de noites de paixón ao carón de tres deportistas moi famosos: os futbolistas Ronaldinho e Thierry Henry, e o xogador da NBA Tony Parker.

Aqueles testemuños conseguiron que enchera o peto a base de pasear as súas experiencias sexuais nos medios dos EE UU e en Europa, especialmente nos xornais sensacionalistas do Reino Unido. Agora a ex manequín, que ten 29 anos, está entre reixas tras ser detida no domicilio da súa nai, aínda que polo momento se descoñece o motivo do arresto.

Todo apunta a que as demanadas das devanditas estrelas poden ser o motivo da intervención das forzas de seguridade, pero a recente revelación do seu historial delitivo amplían sensiblemente as posibilidades do encarceramento. E é que se o futuro de Paressant semella estar moi negro, o seu pasado é, como pouco, turbio, xa que a moza ten varios xuízos pendentes por estafa e roubo.

Suculentas 'historias'
As máis suculentas revelacións, ou invencións (xa se verá), que contara a moza facían referencia a Parker e Ronaldhino. Do brasileiro dixo que, tras a derrota da súa selección no mundial, o crack empezou a saír de esmorga todas as noites e sempre acababa buscando o “consolo que precisaba” entre os seus brazos.

Co caso de Parker, que case lle custa unha crise matrimonial con Eva Longoria, logrou unha meirande relevancia ao ensinar supostas mensaxes do baloncestista.

“Buscou en min algo máis fóra do matrimonio porque hai cousas que Eva non lle quere facer”, declarara, engadindo que a muller desesperada se nega a manter relacións sexuais diante dun espello e que ten “a errónea crenza de que o esperma produce acné”. Polo menos, nos tres casos a moza gabou as dotes amatorias dos tres deportistas, que son “mellores na cama que no campo ou na cancha”.

Telma contra todos: segundo asalto
A Audiencia de Toledo inicia este martes as deliberacións sobre o recurso de apelación presentado por Telma Ortiz, irmá da princesa de Asturias, e a súa parella, despois de que un xuíz denegase o pasado maio as medidas cautelares solicitadas para protexer a súa vida privada do acoso dos medios de comunicación.

Segundo fontes xudiciais, non se trata dunha vista oral, senón dunha reunión interna de tres maxistrados, que poderían emitir unha sentenza en dúas semanas.

Comentarios