As cousas que se fan por amor

O piloto de Fórmula Un Lewis Hamilton semella que atopou a estabilidade emocional ao carón de Nicole Scherzinger, a líder do grupo The Pussycat Dolls.

Scherzinger cambiou o británico (xa non aparece cunha moza diferente en cada festa) e semella que sacou o seu lado máis romántico, pois, segundo Marca,Hamilton escribiu unha canción para ela.

Segundo o xornal deportivo, o piloto compuxo un tema romántico como agasallo á cantante logo de que esta lle dedicara unha canción titulada I think I’m in love (Creo que estou namorada).

“É un tema moi persoal, moi profundo e emocional. Penso que vai conectar moi ben coa xente”, dixo Scherzinger sobre a canción que fixo sobre o ás do motor.

A pedida de Chalize
Charlize Theron protagonizou unha curiosa anécdota durante a presentación do seu último filme, onde un seguidor da intérprete lle declarou o seu amor e pediulle que casara con el. Todo aconteceu cando a actriz daba unha rolda de prensa no Festival de Venecia sobre a cinta 'The burning plain'.

Cando os medios comezaron a facer as súas preguntas un home aproveitou a súa quenda para dicirlle que sentía unha forte atracción por ela e un gran respeto, polo que consideraba que Theron debía casar con el.

“Es moi guapo pero pode que o meu mozo queira matarte... De todos os xeitos, ¿canto diñeiro tes?”, dixo a intéprete sorrindo. O espontáneo declarouse pobre e a loura achegouse a el para regalarlle un cesto con froitos que estaba sobre a mesa.

A morte 'doce' do pai de McConaughey

Mentres Matthew McConaughey, ex mozo de Penélope Cruz, goza coa súa recente paternidade, a súa nai, Kay, vén de publicar a súa biografía, titulada I amaze myself. No libro conta, segundo o US Magazin, que o pai do actor morreu mentres practicaba o sexo.

“Estabamos amándonos cando Jim tivo un infarto e rapidamente deixou de respirar”. Kay tamén desvelou que o cadáver saíu do seu fogar espido e que a xente que miraba a escena puido ver “a súa mellor arma”.

ZP fai montañismo en Cuatro
Zapatero fai montañismo nun espazo de Cuatro O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, participou o pasado sábado na filmación dunha nova entrega do programa Desafío extremo, que presenta en Cuatro o aventureiro Jesús Calleja.

Xuntos ascenderon a vertente leonesa do Parque Nacional de Picos de Europa. Segundo unha nota de prensa do programa, facer esta rota era “unha vella aspiración do presidente”. O espazo emitirase nos próximos días.

Lohan, de novo contra o seu pai
Lohan enfróntase co seu pai nos medios Desde que deixou as drogas, Lindsay Lohan só sae nas revistas para protagonizar diversos enfrontamentos e reconciliacións coa súa familia.

Nesta ocasión, o pai de Lohan é de novo o protagonista da polémica. O home declarou que a moza da actriz está só coa súa filla para aproveitarse dela. A intérprete contestoulle no seu myspace acusándoo de non saber nada da súa vida e de ser un adicto á fama.

Comentarios