Jueves. 23.05.2019 |
El tiempo
Jueves. 23.05.2019
El tiempo

De vocación e intenciones

O primeiro ministro ruso, Vladímir Putin, vén de sacar á venda un DVD no que ensina a arte do judo, a súa paixón “desde os trece anos”. No vídeo, Putin, amais de ensinar a practicar este deporte, fala da historia e a filosofía desta práctica oriental.

Por outra banda, o músico Carlos Santana revelou na revista Rolling Stone que se retirará da música cando cumpra 67 anos. A partir desa data, que chegará en seis anos, prepararase para ser sacerdote, “como Little Richard”. O seu desexo é exercer como pastor nas illas de Hawai.

A sensualidade de Berry
A actriz estadounidense Halle Berry foi escollida como a muller viva máis sexy do mundo pola revista Esquire.

Na edición dixital da revista adiántanse imaxes da sesión fotográfica coa intérprete, de 42 anos, que foi nai hai seis meses, e extractos dunha entrevista, que sairán publicadas en novembro.

Para Berry, gañadora do Oscar á mellor actriz por Monster’s Ball, “o ser sexy é un estado mental, unha cómoda maneira de ser”. “Trátase de quererse a un mesmo nos momentos menos adorables”, engadiu a estrela.

“Non sei exactamente que significa [ser a muller máis sexy do mundo], pero con 42 anos e despois de ter un bebé, creo que acepto o título”, dixo a intérprete.

Na portada da revista podemos ver a Berry, que sucede no galardón a surafricana Charlize Theron, emulando un posado para este mesmo medio que fixera o ex presidente norteamericano Bill Clinton.

O susto de Nolte
O actor estadounidense Nick Nolte sufriu pequenas lesións ao tentar escapar do incendio que destruíu parcialmente a súa vivenda de Malibú, segundo informaron os medios locais.

Segundo a cadea de televisión KTLA, os danos que sufriu a vivenda oscilan entre os 1,5 e os 3,5 millóns de dólares, segundo as versións das autoridades locais e do departamento de bombeiros.

O inspector de bombeiros Sam Padilla dixo que o actor, de 67 anos, inhalou fume e sufriu un corte no brazo dereito ao romper unha xanela para saír da residencia, aínda que non tivo que ser hospitalizado.

Nolte, ao parecer, tentou apagar as chamas pola súa propia conta antes da chegada dos bombeiros. Nun comunicado, Nolte mostrou o seu agradecemento “ao corpo de bombeiros de Malibú e ás autoridades locais pola súa rápida resposta e asistencia”.

De vocación e intenciones
Comentarios