O presentador da Televisión de Galicia Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, visitou na noite do venres o programa Luar, dez meses despois de anunciar que faría unha parada no traballo por padecer un mieloma múltiple. Foi unha reaparición agardada e moi emocionada, tanto para o presentador como para o público de Luar e o seu presentador, Xosé Ramón Gayoso.
Piñeiro, que cantou un popurri de Juan Pardo co que puxo en pé o público e Quen dixo medo, asegurou que se encontra "estupendamente" e avanzou que volverá pronto á radio e á televisión. Neste adianto do regreso, sumouse á celebración Boris Izaguirre, que trasladou o seu cariño a Piñeiro vía telefónica.
🌙🎼 #Gayoso emociónase ao reencontrarse con @sup3rpinheiro 😍 Olla o momentazo, a canción de Pi e como o @luartvg se pon en pé ➡ https://t.co/rf1eyeMenN#Luar1186 pic.twitter.com/8wSbYKvWtF
— TVG (@TVGalicia) September 20, 2019