Pablo Dapena: "A imaxe que deu Pontevedra no ITU Multideporte foi impresionante"

É un dos mellores embaixadores que Pontevedra pode atopar no mundo do deporte. Este traballador incansable do tríatlon, namorado e orgulloso da cidade na que naceu, na que vive e na que se proclamou subcampión universal o pasado mes de maio no Mundial ITU Multideporte, vén de ser condecorado cos Premios Amigos de Pontevedra 2019
Pablo Dapena.JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Pablo Dapena. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Pablo Dapena vive por e para o triatlón. Adícalle tantas horas da súa vida ao seu deporte, que é máis doado velo adestrando nos parques de Pontevedra que indo a mercar no supermercado. Recoñecido polos seus rivais, polos seus amigos e polos seus veciños, agora pode presumir tamén dun novo galardón que pon de manifesto a súa perfecta simbiose coa súa cidade.

Que significa este premio?

Acólloo de maneira moi positiva. É un premio que outorga xente de Pontevedra, da cidade. É un orgullo. Xa que non tiven demasiados recoñecementos, excepto o Premio HQR 2018 como mellor deportista do ano que me entregou o Diario de Pontevedra. Este galardón resúltame moi satisfactorio.

Como llo notificaron?

O primeiro que se puxo en contacto comigo foi Juan Romero (exvicepresidente da Gimnástica), que me dixo por WhatsApp que tiñamos que falar. Pero fóiseme a cabeza, coma sempre, e non o chamei. Despois chamoume Manolo Dapena (non temos ningún parentesco familiar, que ninguén pense que isto é tongo). Comentoume todo sobre a asociación e o premio. Xusto acababa de erguerme da siesta. Pilloume por sorpresa. É algo moi bonito.

Creo que tamén recibiu unha pequena homenaxe dos demais premiados o día da recepción...

Avisei de que ía chegar un pouco tarde á reunión, xa que estaba adestrando. Foi no Hotel Rías Baixas e cheguei vestido coa roupa de ciclista. Cando ía baixando as escaleiras cara a sala onde estaban reunidos, escoitábase cada paso que daba coas zapatillas de ciclismo. Cando cheguei, todo mundo empezou a aplaudir. Eu estaba todo suado. Vaia desastre! Foi a parte cómica da situación.

Iso é levar a profesión ao estremo.

Si. Non hai mellor atuendo que represente o meu día a día.

Séntese, dalgunha maneira, un embaixador de Pontevedra?

Sen dúbida. É unha cidade que me encanta. Se tivese unha mellor temperatura en inverno, non marcharía a Lanzarote a prepararme. Gústame estar, vivir e adestrar aquí. Co Mundial xa foi o máximo. Os amigos de fóra de Galicia que viñeron quedaron abraiados coas facilidades que ofrece a cida- "Non quero vivir do tríatlon porque si, senón gozar del. E agora mesmo, fágoo" Persoal De onde saca o tempo para todo o que fai? Hai que tratar de organizarse. As horas de descanso non as aplico rigorosamente. Eu adestro xente, intento coordinalos. Xestiono os meus contratos, as redes sociais. Son cousas que me gusta facer persoalmente, pero o tempo é reducido. Son 24 horas que ten o día, e gustaríame que fosen 28 polo menos. Párano máis pola rúa ou segue a pasar inadvertido? Páranme máis, pero como vou na bici, non me pillan a tempo. A veces chéganme ao Instagram fotos miñas por sorpresa. Pero si, páranme moito máis ca antes. Ata canto lle queda de corda? Non o sei. Intentarei alongalo o máximo posible. Pero non quero vivir do triatlón porque si, senón gozar. Agora mesmo, fágoo. E ogallá dure moito. Por agora non vexo o fin. de para o adestramento a para a vida cotiá. Que eu diga que son de Pontevedra e a xente de fóra que estivo na cidade só me diga cousas positivas, para min é un orgullo indescriptible.

Pontevedra e Pablo Dapena non fan mala parella.

É a cidade na que nacín e que me concede tódalas facilidades posibles para poder realizar o meu deporte. Tódolos seus parques, o encoro de Verducido e as praias próximas que permiten realizar adestramentos en augas abertas. A Illas das Esculturas, Bora, tódalas estradas que son inesgotables. Só falta un pouco de terreo chan, pero esta é a orografía galega. Todo non se pode ter.

Imaxinaba hai anos que podería acadar este nivel de recoñecemento e de nivel deportivo?

Hai tres anos, cando empezaron a subir os meus resultados, non esperaba tanto recoñecemento, mesmo que me paren pola rúa. É algo que che axuda a seguir esforzándote.

Cales son os momentos culminantes da súa carreira deportiva?

O Mundial do ano pasado e o subcampionato deste ano na casa. Son os momentos inesquecibles que vivín ata agora. Agora estou centrado no 7 de setembro, cando é o campionato do Mundo de Ironman 70.3 en Niza. Estará difícil. Pero intentaremos darlle un susto a Alistair Brownlee, a Javi Gómez Noya e a outra xente.

Cal é o seu obxectivo?

Estamos a falar dos mellores triatletas da historia. O meu obxectivo é facer top-10. Sería perfecto. É unha carreira soñada, con moitísimo nivel. Tamén van estar Sebastian Kienle e Patrick Lange, que gañou os dous últimos anos en Hawai. Posiblemente, unha das probas de maior nivel da historia. Estar alí vai ser un premio. Non teño nada que perder, co cal se fago un top-10 sería un magnífico resultado.

O ironman, séguelle xerando preguiza ou vaise facendo pouco a pouco á idea?

O ano pasado fixen o meu primeiro ironman en Madrid. E este ano vou repetir por temas de ranking. Sempre tropezo na mesma pedra. Vou facer unha preparación expres, xa que é o 20 de setembro e para min é prioritaria a proba de Niza. Conxugar as dúas cousas non vai ser sinxelo. A preparación irá enfocada cara ao Mundial. Farei algunha tanda máis longa na bici ou correndo. Preparar o ironman de forma específica e que ademais me guste é algo que aínda vexo lonxe. 

Mundial 70.3 de Niza
"Posiblemente será unha das probas de maior nivel da historia. Estar alí vai ser un premio"

Cidade
"Que a xente de fóra só me diga cousas positivas de Pontevedra é un orgullo indescriptible"

No Mundial de Pontevedra a afección volcouse. Sentía a enerxía tan grande que lle transmitía durante a proba? Cando saiamos a correr cara a Illa das Esculturas non había ninguén. Estaba asustado de que tampouco houbese ninguén no centro. Pero tamén me sorprendeu que ás oito da mañá estivese toda a ponte dos Tirantes ata arriba. Naquel momento pensei ‘isto vai ser como a Bombonera de Arxentina’. Na primeira volta, cando pasei polo CGTD, estaba a flipar. Puxéronseme os pelos de punta. Eran como catro ou cinco quilómetros ata arriba de xente. Eu ía a tope e pensaba que, como tivese que ir a tope durante os 30 quilómetros, non acababa. Estábanme dando folgos continuamente, eu intentaba responder e cría que ía quedar sen enerxía. Durante toda a semana, o ambiente foi magnífico, pero a imaxe que lle deu Pontevedra ao mundo ese día foi impresionante.

Persoal
"Non quero vivir do tríatlon porque si, senón gozar del. E agora mesmo, fágoo"

De onde saca o tempo para todo o que fai?

Hai que tratar de organizarse. As horas de descanso non as aplico rigorosamente. Eu adestro xente, intento coordinalos. Xestiono os meus contratos, as redes sociais. Son cousas que me gusta facer persoalmente, pero o tempo é reducido. Son 24 horas que ten o día, e gustaríame que fosen 28 polo menos.

Párano máis pola rúa ou segue a pasar inadvertido?

Páranme máis, pero como vou na bici, non me pillan a tempo. A veces chéganme ao Instagram fotos miñas por sorpresa. Pero si, páranme moito máis ca antes.

Ata canto lle queda de corda?

Non o sei. Intentarei alongalo o máximo posible. Pero non quero vivir do triatlón porque si, senón gozar. Agora mesmo, fágoo. E ogallá dure moito. Por agora non vexo o fin.

Comentarios