¿Inminente bodorrio monegasco?

monaco_dentro2.jpg
photo_camera monaco_dentro2.jpg

O príncipe Alberte de Mónaco e a nadadora Charlene Wittstock anunciarán de xeito inminente que van contraer matrimonio. Nesta ocasión, a información, publicada por Bild am Sonntag, Gala e Le Parisien, semella ser algo máis que un rumor, dado que a casa real do principado non se molestou en desmentir as informacións, como fixo ata o de agora con todas as especulacións sobre un posible enlace real.

Se se cumple o publicado, a voda celebrarase a finais da próxima primavera ou a comezos do verán na catedral de Mónaco, onde están soterrados os pais de Alberte, Grace Kelly e Rainiero.

O noivado entre o monarca e a ex deportista de elite fíxose público durante os Xogos Olímpicos de inverno de 2006, aínda que a súa relación viña de antes. Segundo varios dixitais, a intención de Alberte era anunciar antes o seu compromiso pero Wittstock quixo ter máis tempo para habituarse á vida do palacio, completar a súa formación e, sobre todo, aprender a convivir co acoso dos medios.

Ademais, disque Charlene tivo que traballar moito para que as irmás de Alberte, Carolina e Estefanía, a aceptasen como unha máis  na familia, que dito sexa de paso, non é un exemplo de discreción nin de amabilidade, como apuntaban hai uns días fontes da contorna dos Grimaldi.

Ademais, Charlene tivo que enfrontarse tamén ao recoñecemento do seu mozo de dous fillos, un neno e unha nena. Por outra banda, e segundo El programa de Ana Rosa, a ex deportista está a traballar moito o seu estilismo para estar á altura do glamour que se presupón na que será a súa propia familia e reduciu sensiblemente as súas sesións de exercicio para que o seu corpo gañe femineidade ao reducir as súas desenvolvidas costas, froito da natación.

Ata o momento, Charlene Wittstock vive nun edificio do palacio real diferente ao que ocupa o monarca, aínda que podería mudarse en canto se anuncie o compromiso.

Portman e Banhart rachan a súa relación
A actriz Natalie Portman e o cantante Devendra Banhart, un referente da música independente, puxeron punto final á súa relación. Ningún dos dous quixo manifestarse sobre a ruptura e evitaron a prensa, de xeito que se descoñece o motivo do seu distanciamento.

Portman coñecera a Banhart cando aceptou protagonizar un dos seus videoclips, cuxos beneficios foran destinados a causas benéficas. O frechazo fora inmediato e protagonizaran unha intensa relación.

‘El Mundo’ terá que indemnizar a Alejandro Sanz
O Tribunal Supremo condenou a editorial da revista de El Mundo, o seu director e a xornalista Carmen Rigalt a  indemnizar o cantante Alejandro Sanz con máis de 30.000 euros por atribuírlle unha relación homosexual, co que considera que se lesionou o seu dereito á honra.

O cantante demandou a Unidad Editorial por entender que o artigo “atentaba á súa honra por atribuírselle romance cun empresario, o que implicaba dicir que é homosexual e porque o cualificaba como un aventureiro do sexo”.

Desexado...
David Beckham realizou nos últimos días unha sesión de fotos para un almanaque do ano 2009. Segundo a web popbites.com, as imaxes serán as máis sexys do crack  do fútbol, superando a popular campaña que fixo para Armani lucindo a súa roupa interior. As fotografías foron tomadas nun ximnasio onde Beckham fai deporte e loce corpo, suor e tatuaxes. Os interesados en mercar o almanaque poden encargalo a través de danilo.com.

... e pouco desexado
O cantante e líder do grupo Tokio Hotel, Bill Kaulitz, laméntase de que hai máis de tres anos que non bica unha moza, na edición da revista alemá Bravo. “Iso entristéceme por completo. Teño 19  anos e bótoo moito de menos”, apunta o ídolo de adolescentes, famoso por levar os ollos maquillados, as uñas lacadas en negro e o pelo encrespado. O mozo tamén declarou á revista que é moi malo ligando.

Comentarios