James Rhodes, abraiado coa riqueza do galego

O pianista británico deixa caer nas redes sociais a impresión que lle provoca a variedade do idioma

James Rhodes. DP
photo_camera James Rhodes. DP

James Rhodes continúa co seu namoramento co galego. É algo que deixa ver de xeito frecuente nas súas redes sociais. A última vez foi este domingo, a conto do número de palabras que se utilizan en galego para definir os diferentes tipos de choiva.

Dende o seu primeiro tuit en galego o 6 de xullo de 2018, o pianista non deixou de amosar o seu amor pola terra. Non era a primeira vez que amosaba o seu abraio polo número de palabras para designar a auga que cae do ceo.

Tamén deixou caer a súa admiración pola gastronomía e incluso por Dinoseto.

Comentarios