James Rhodes continúa co seu namoramento co galego. É algo que deixa ver de xeito frecuente nas súas redes sociais. A última vez foi este domingo, a conto do número de palabras que se utilizan en galego para definir os diferentes tipos de choiva.
Acabo de descubrir seis de las 70 (!) palabras que tienen para la lluvia en Galicia y me estoy muriendo de amor:
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 5 de maio de 2019
Froallo
Babuña
Battuere
Torbon
Patiñeira
Sarabiada
En Inglaterra es solo 'rain'.
Incluso o seu maldito diccionario é unha obra de arte, omg ❤️🙏🏼
Dende o seu primeiro tuit en galego o 6 de xullo de 2018, o pianista non deixou de amosar o seu amor pola terra. Non era a primeira vez que amosaba o seu abraio polo número de palabras para designar a auga que cae do ceo.
Tamén deixou caer a súa admiración pola gastronomía e incluso por Dinoseto.