''Ni de Aznar ni de otro... será sólo de ella''

A ministra de Xustiza francesa, Rachida Dati, que o mércores confirmou que está embarazada pero sen querer revelar a identidade do pai do seu futuro fillo, di ser unha persoa ''extremadamente libre''.

Nunha reportaxe publicada onte pola revista Le Point, Dati, de 42 anos, solteira e de ascendencia magrebí, confesou que ter un fillo ''será seguramente o momento máis bonito'' da súa vida.

''Como muller, tiven tantas experiencias dolorosas relativas á maternidade, e xa non teño 25 anos...'', confesou ao semanario a primeira ministra solteira embarazada. Mentres, os seus amigos afirman que ''os únicos momentos nos que ela é verdadeiramente sincera é cando fala do seu desexo de ter un fillo''.

O silencio de Dati sobre a paternidade do seu futuro fillo desencadeou rumores e conxecturas de todo tipo. Especialmente notable foi o desmentido do expresidente Aznar, acusado por un xornal marroquí de ser o pai do neno que agarda Dati.

Le Point asegura nunha reportaxe que Dati ''é do xénero indestrutible. Símbolo do sarkozysmo triunfante hai un ano''. Á volta das súas vacacións estivais, os seus colegas ministros felicitárona polo seu estado ''sen atreverse a facer a menor pregunta'', segundo o semanario.

Indica que o propio presidente francés, Nicolas Sarkozy, lle dixo: ''Ah, tes moitas felicitacións'', ao que Dati respondeu con humor: ''Non sei por que''. Sarkozy, ''nos momentos máis duros, deu normalmente o seu apoio á súa protexida, aínda botando pestes algunhas veces polo carácter indomable da súa ministra'', asegura a revista.

Pero o xefe de Estado vese reflectido en Dati (amiga de Cecilia, a súa ex), de quen ''aprecia a forma en que desafía aos poderosos''.

Pola súa banda, Dati ''ten unha lealdade a toda proba'' a Sarkozy, ao que avantaxa en popularidade, cun 48 por cento do apoio dos franceses, a pesar das reformas polémicas que emprendeu.

¿Romance entre Jackson e Anderson?
Jackson e Anderson saen xuntos de copas A prensa inglesa publicou que Michael Jackson e Pamela Anderson manteñen unha relación moi estreita e que saen de copas xuntos por Miami. A denominada ''estraña parella'' é moi discreta á hora de programar os seus encontros privados nos que, segundo oDaily Mirror, ''flirtean abertamente''.

O sensacionalista asegura que Jackson non pode negar o seu interese pola actriz.

Cayetano sen armani
Cayetano está grave e non vestirá o ‘armani’ O destro Cayetano Rivera atópase en estado grave tras a corrida que sufriu en Palencia e que, segundo o seu parte médico, lle produciu ''contusións en órganos internos importantes''.

Por culpa do incidente, Rivera tivo que cancelar a súa presenza na tradicional corrida goyesca de Ronda, onde ía estrear un traxe deseñado por Giorgio Armani.

Harry Potter perdeu a virxinidade

Daniel Radcliffe, intérprete  de Harry Potter no cinema,  declarou nunha entrevista que perdeu a virxinidade con 16 anos cunha muller ''moito maior'' ca el. ''Outro teríase asustado pola diferencia de idade'', comentou o británico.

Expectación
A serie Sin tetas no hay paraíso estreou cunha festa en Madrid a súa segunda tempada. O evento, no que se proxectou un capítulo do serial, reuniu máis de 5.000 persoas no Palacio de Deportes de Madrid. Unha vez máis Miguel Ángel Silvestre, el Duque, acaparou a atención dun público maioritariamente feminino.

Comentarios