No sólo el sol dice adiós en septiembre

Fran Rivera volve saltar, esta vez voluntariamente, ás páxinas do cuxé ao recoñecer en Diez Minutos a súa ruptura con Blanca Martínez de Irujo e apuntar que non houbo terceiras persoas entre eles.

O toureiro xa levaba varios días ofrecendo pequenas pílulas de información concernentes á súa crise de parella e posterior adeus. Rivera Ordóñez asegura que non tivo ningún encontro con outra muller, como se dixo, no período no que estivo ao carón da curmá da súa ex muller.

“Non houbo terceiras persoas nin asiáticas, nin de Nova Celandia nin de Albacete”, asegurou, en clara referencia á muller chinesa coa que o emparellaron. Ademais, Fran quixo facer fincapé en que a separación foi amistosa e que non se pecha “ningunha porta para o futuro” con Blanca, á que dixo que vai botar moito de menos porque “é unha muller 10 ou muller 1.000”.

Ourense, sen 'vodorrio'

¿Qué me dices? xa insinuara unha máis que probable ruptura entre a actriz Ana Millán (Cámera café, Física o química) co cardiólogo e ex baloncestista Juan Antonio Corbalán e agora Diez Minutos confírmaa e asegura ter os “verdadeiros motivos” do fin deste romance que tiña previsto pasar polo altar no ourensán monsteiro de Santo Estevo ao remate do verán.

As explicacións no cuxé para a cancelación do enlace apuntan en dúas direccións: a primeira, asegura que Corbalán non soportaba a presión mediática da súa vida con Millán; a segunda, sostén que, tras á súa viaxe en xullo a Marrocos, Corbalán quixo anular a voda e Millán decidiu acabar co seu romance.

Carlos, moi anxodado Despois de pór o punto final ao seu cuarto matrimonio, Carlos Larrañaga deixou claro que “a súa dor” non tiña prezo e que non ía falar do asunto. Porén, onte viuse obrigado a dirixirse aos medios para negar que desde a ruptura viva nun asilo.

“Non é certo, vivo como sempre no meu chalet”, comentou a Vanitatis, amosándose moi anoxado
con varios medios de comunicación que o criticaran.

Pelexa no atril
Elton John e Lily Allen pelexaron en medio dunha gala Elton John e Lily Allen ofreceron un espectáculo sen precedentes ao pelexar desde o atril no que estaban presentando conxuntamente a gala dos Homes do Ano da revista GQ.

O problema residiu en que Lily Allen se excedeu coa bebida (incluso presentou varios premios cunha botella na man) e chegou a fartar a John, que lle soltou moi serio: “¿Vas tomar outra copa?”, ao que ela contestou: “Que te fodan. Son 40 anos máis nova ca ti e teño toda a vida por diante”.

Xa con moi mala cara, o cantante rematou a discursión cun: “Podería deixarte tirada baixo a mesa”.

Rumor

Relacionan a Hugh Grant cunha modista A prensa británica especula estes días cun posible romance entre o actor Hugh Grant e a modista americana Catherine Fulmer. O representante do intérprete negouse a falar do suposto romance e limitouse a puntualizar que se coñeceron nunha festa. Segundo a edición dixital de Hola, Grant e Fulmer compartiron un cruceiro polo Mediterráneo acompañados pola ex muller do británico, Elizabeth Hurley, e algúns dos seus amigos comúns.

Cameron Díaz ‘senta a cabeza’

Despois de levar unha vida algo atolada no amor desde que rompera con Justin Timberlake, Cameron Díaz semella que volveu atopar a estabilidade sentimental ao carón de Paul Sculfor. A parella non se separa desde hai uns meses e estes días amosáronse moi agarimosos nas bancadas do Aberto de EEUU, onde non se quitaron a man de enriba entre bico e bico, segundo as testemuñas.

Comentarios