El panorama nacional da mucho juego

Un dos heroes da pasada Eurocopa, Dani Güiza, asegurou a varios medios que está disposto a cumprir a promesa que lle fixo á súa moza, Nuria Bermúdez, de que se a selección española gañaba a competición eles casarían.

O futbolista manifestou que haberá voda dentro dun tempo, xa que primeiro ten que conseguir o divorcio da súa ex. Nuria, coa que xa ten un pequeno, aínda non se recuperou do aborto que sufriu a semana pasada. A parella tamén revelou que ten a intención de ter outro fillo pero que aprazarán este obxectivo uns meses.

Pola súa banda, a presunta moza (¿ou non?) de Iker Casillas, Eva González, negou onte que tivera un encontro amoroso con Cayetano Rivera. A modelo amosouse algo anoxada por ter que desmentir isto xa que aclarou que cando dixo nunha festa que pasara moito tempo con el estaba bromeando, xa que os acababan de presentar durante o evento.

Ao final todo foi produto da mala fe dos xornalista que se lanzaron a especular co asunto tomando ao pé da letra o comentario irónico de Eva e déronlle un verniz de romance oculto cando Cayetano comentou que non se coñecían, cousa que era certa.

Outra ex moza de deportista que está de actualidade, Patricia Conde, que mantivera un romance co tenista Carlos Moyá, salta de novo ao cuxé da man de Hola, que publicou que a presentadora puxo punto final ao seu noivado con Dani Martín, de El Canto del Loco.

Ademais, semella que a ruptura vén de atrás, xa que, segundo a revista, cando o pasado mes de xuño ela asistiu a un dos concertos xa non eran parella. Disque a pesar de non estar xuntos manteñen a súa amizade intacta.

Por último, as revistas xa puxeron cara ao que será o futuro marido de Arantxa Sánchez Vicario, o empresario catalán José Santacana. A parella foi fotografada en Ibiza mentres se dedicaban moitos agarimos nunha terraza. Xuntos están preparando o seu enlace, que se levará ao cabo en setembro.

Moreno, nun iate, cun musculoso actor
José Luis Moreno está a gozar duns días de sol e descanso a bordo do seu iate e na compaña do actor Rubén Sanz, o musculoso actor de Escenas de matrimonio e icona gay da Rede.

A revista ¡Qué me Dices! pillou ao produtor e o intérprete, que ademais é director dunha sucursal bancaria, tomando o sol cunhas bragas náuticas de dubidoso gusto. Hai que matizar que en ningunha das fotos se amosa ningún contacto entre eles fóra do normal, como se dixo nalgún dixital.

Kidman púxose de parto entre os fogos artificiais dunha festa
O cantante country Ronnie Dunn, amigo íntimo de Keith Urban e Nicole Kidman, revelou que a actriz se puxo de parto cando el mesmo prendeu uns fogos artificiais que ían servir de punto final a unha festa. Segundo Dunn, a australiana comezou a notar que a pequena chegaba cando estouraban os primeiros foguetes.

Ademais, outro achegado á intérprete comentou que o soño de Kidman era que o seu bebé nacera en domingo para que coincidira co nome que lle ían poñer á pequena, Sunday Rose (rosa de domingo).

Luis Miguel agarda outro fillo con Araceli
Luis Miguel espera para decembro o seu segundo fillo con Aracely Arámbula, segundo unha exclusiva da revista Hola. “Xa noto que se move. É  máxico”, sinalou a actriz, que sabe do seu estado desde hai uns catro meses.

A parella, que non sabe aínda o sexo do bebé, posa no interior da revista na súa mansión co seu fillo Miguel, dun ano e medio de idade. O que non se aclara é se a parella segue xunta ou se a reportaxe é o único que os une, xa que hai meses que se dá por feito que nin sequera comparten teito.

Comentarios