Paquirrín e Jessica Bueno esperan un fillo e van casar

O colaborador Luis Rollán entraba en directo no programa da sobremesa de Telecinco Sálvame para soltar un bombazo sobre o fillo de Isabel Pantoja: Jessica Bueno está embarazada e está a planear a súa voda con Kiko Rivera. Aínda que moitos non auguraban moito  futuro para esta parella parece que o seu vai moi en serio.
 
A súa relación comezou como unha grande amizade que se forxou en Honduras e tras o seu paso por Supervivientes, a modelo e o mozo déronse de conta de que non podían estar separados. Desde que deron a coñecer oficialmente a súa relación a finais do mes de agosto, foron inseparables e desde o principio deixaron moi claro que o que sentían era de verdade e algo moi profundo.

A pesar de todo prognóstico, os dous mozos seguen vivindo a súa historia de amor e parece que moi pronto se converterán en pais, facendo avoa a cantante. De  eito, Jessica ausentouse a pasada semana da Pontus Veteris de Pontevedra, ao sentirse “indisposta”. Luis Rollán, amigo íntimo de Isabel Pantoja, confirmou a futura maternidade de Jessica e o seu paso polo altar e asegura que a parella ampliará a información nunha grande exclusiva.

Comentarios