Quim Barreiros dá positivo en covid-19

O artistas portugués foi sometido a un test antes dunha actuación na televisión
 
Quim Barreiros. FACEBOOK
photo_camera Quim Barreiros. FACEBOOK

Segundo informan varios medios portugueses, o artista Quim Barreiros está infectado de covid-19. 

Antes dunha actuación en O Preço Certo, programa da RTP1, o cantante foi sometido a un test rápido, no que deu positivo. Malia isto, e tanto por precaución como por seguridade, Barreiros acudiu a facer un test PCR, xa que súa taxa de acerto en identificar o virus é maior.

Xusto hai dúas semanas Quim Barreiros readaptaba Bacalhau À Portuguesa, un dos seus éxitos, para os tempos do covid. Nos primeiros versos do tema, o músico canta: "Vai desinfetar o bacalhau...".

Comentarios