Oferta especial: Playstation2 + mando +... 65.000€ !

Oferta especial: Playstation2 máis un mando e, de propina, 65.000 euros. Un podería pensar que Sony desespera por recuperar a iniciativa na guerra de consolas, pero nin a PS2 necesita unha promoción semellante nin, por desgracia para os usuarios, isto deixa de ser unha “anomalía” no universo das compras on-line.

Un rapaz británico de 16 anos mercou o pasado mes de marzo unha Playstation2 en eBay por 95 libras, uns 140 euros. A oferta incluía un par de videoxogos. A sorpresa chegou cando no lugar destes xogos, descubriu que o paquete incluía 44.000 libras, máis de 65.000 euros. 

O portal de compras xa se compremeteu a axudar na investigación. Un portavoz declarou que aínda que mesmo se eBay é un lugar onde se dan a cotío intercambios curiosos “neste caso o contido é completamente inusual”.

De momento a policía investiga o asunto e ten a custodia dos cartos á espera de que alguén o reclame. O 22 de setembro o cumpriranse 6 meses dende a chegada do paquete, e se ninguén o fixera o mozo terá dereito a quedarse con eles. En tal caso, é pouco probable que se queixe pola falta dos xogos.

Comentarios