La boda secreta de Jean Sarkozy

Jean Sarkozy e Jessica Sebaoun
photo_camera Jean Sarkozy e Jessica Sebaoun

Os rumores do mércores sobre unha posible voda fugaz e íntima de Jean Sarkozy, o fillo do presidente galo, foron confirmados polos medios franceses e parece ser que Jean xa está casado coa millonaria Jessica Sebaoun.

Á cerimonia asistiu o pai do noivo acompañado da súa esposa, Carla Bruni. Jean Sarkozy é un dos dous fillos do primeiro matrimonio do presidente francés, quen tivo o terceiro coa súa segunda esposa, Cécilia Ciganer-Albéniz. Só os amigos máis íntimos da parella asistiron á cerimonia, que foi oficiada polo alcalde de Neuilly.

Ao ser os noivos de diferente confesión relixiosa, posteriormente celebráronse dúas cerimonias, unha católica e outra xudía, de acordo con medios locais. Deste xeito, Jean confirma que segue a saga familiar ao protagonizar un rápido noivado rematado en voda.

Vázquez, ben rodeado
Segundo a web Vanitatis.com, a última festa de aniversario do presentador Jesús Vázquez contou cunha ampla representación de políticos socialistas encabezada por Miguel Sebastián, Trinidad Jiménez, Leire Pajín e José Antonio Alonso.

Arrestan a Kanye West nun aeroporto
O rapeiro Kanye West e o seu gardacostas foron arrestados no aeroporto dos Ánxeles tras protagonizar un altercado cuns fotógrafos. Segundo TZM, o incidente comezou cando o gardacostas da estrela lle quitou e rompeu a cámara dun fotógrafo mentres outro, que tamén resultou agredido, o filmaba.

Espertarán do coma inducido a Kardam
Kardam, o fillo primoxénito dos reis Simeón e Margarida de Bulgaria, será espertado nas próximas semanas do seu estado de coma inducido, no que se atopa desde que se estrelou co seu coche en Madrid. A familia declarou que se sente optimista e que Kardam sairá adiante lentamente.

Comentarios