Este sábado, Xosé Manuel Piñeiro volverá á TVG para presentar Pequenos Fenómenos xunto a Lucía Regueiro.
O presentador completa así o seu regreso aos platós logo de deixalos hai meses como consecuencia dun miloma múltiple.
Pequenos Fenómenos é un espazo no que se desenvolve un concurso musical infantil, que se desenvolve en tres galas consecutivas e en que 16 rapaces procedentes de toda Galicia competirán e sorprenderán a audiencia coas súas artes interpretativas.
EMOTIVO REGRESO. Superpiñeiro xa visitara o programa Luar en setembro. Foi unha reaparición agardada e moi emocionada, tanto para o presentador como para o público de Luar e o seu presentador, Xosé Ramón Gayoso.
Piñeiro, nesa ocasión, cantou un popurri de Juan Pardo co que puxo en pé o público e Quen dixo medo. Ademais xa avanzara que se encontraba "estupendamente" e que volvería pronto á radio e á televisión.
🌙🎼 #Gayoso emociónase ao reencontrarse con @sup3rpinheiro 😍 Olla o momentazo, a canción de Pi e como o @luartvg se pon en pé ➡ https://t.co/rf1eyeMenN#Luar1186 pic.twitter.com/8wSbYKvWtF
— TVG (@TVGalicia) September 20, 2019