Yosi, de Los Suaves, volve cantar máis de dous anos despois

A última vez que alguén puidera escoitar cantando con público diante a voz da icona máis famosa da banda ourensá fora en Santander, o 23 de xullo de 2016

Yosi, cantante de Los Suaves, durante una actuación del grupo en Caldas celebrada en el año 2015. ADP
photo_camera Yosi, cantante de Los Suaves, durante a actuación do grupo en Caldas, celebrada no ano 2015. ADP

Foi nun vídeo subido na rede social twitter polo xornalista de Diario de Pontevedra Rodrigo Cota onde se viu, por primeira vez en dous anos, a Yosi Domínguez, o cantante da banda Los Suaves, volvendo a cantar e collendo a guitarra.

Foi con Rodrigo Cota Rey con quen se animou. Segundo Rodrigo Cota González, foi mérito do "efecto milagreiro da virxe do Corpiño de Lalín".

A última vez que alguén puidera escoitar cantando con público diante a voz da icona máis famosa da banda ourensá fora en Santander, o 23 de xullo de 2016. Naquela data o cantante sufriu unha caída durante a actuación que provocou que se cancelara a xira de despedida de Los Suaves.

Non sabemos se este vídeo será o comezo dun posible regreso, pero si que deixa ver que Yosi xa está plenamente recuperado e coa mesma enerxía ca sempre.

Comentarios