Elena Candia: "Traballei con aguante e constancia na oposición; iso no goberno é un éxito seguro"

A primeira muller que preside o ente provincial lucense nos seus 179 anos de historia considera nunha entrevista que publica El Progreso que non ter a maioría absoluta "é san", porque obriga aos grupos a entenderse

Elena Candia deixou de respirar por uns segundos cando se soubo presidenta da Deputación de Lugo. Non contaba con iso, aínda que levaba un discurso preparado polo que puidese pasar. Nin convidou aos seus pais ao evento porque non pensaba que onte houbese nada que celebrar.

Sorprendida?

Se son sincera, si. Intento ver isto como a normalidade, como un reflexo da democracia no que o partido máis votado é quen goberna. Pero realmente esta situación responde ás estratexias moi pouco democráticas dun PSOE maquiavélico.

Unhas estratexias das que se beneficiou, en último caso, o Partido Popular.

O PSOE móvese por pulsos internos e eses comportamentos teñen o risco de dar ás veces resultados non desexados, coma este. O Partido Popular nunca perdeu as eleccións e non gobernaba na Deputación Provincial de Lugo por pactos entre PSOE e BNG, pero nesta ocasión a estratexia que seguiron para apartarnos do goberno foi un desastre.

Xa sabe por onde vai empezar a traballar?

O primeiro será visitar aos traballadores para tranquilizalos, porque ninguén debe estar preocupado por este cambio de goberno. É importante que se impliquen no noso proxecto porque sen eles non somos ninguén.

E cal é ese proxecto?

O obxectivo é converter a Deputación Provincial de Lugo nunha institución que goberne para todos os concellos. Nese sentido, non ter a maioría absoluta é sano porque estamos obrigados a entendernos, a facer pactos coas outras formacións políticas para sacar adiante os temas de interese común. Gobernamos para os concellos de todos os partidos, para todos os lucenses.

Fala en plural.

Si, falo en plural porque somos un equipo e teño moito que agradecerlles aos compañeiros. Facer oposición non é fácil e teño pasado momentos malos, pero eles sempre confiaron en min e grazas ao seu apoio puiden facer o meu traballo. Débolle moito tamén ao presidente provincial do partido, José Manuel Barreiro, porque estou aquí grazas a el, e ao secretario, José Manuel Balseiro, que me axudou día a día no labor de oposición.

Facer oposición é unha boa preparación para gobernar, non? De repente pasa da oposición ao goberno tanto na Deputación como na alcaldía de Mondoñedo.

Si, é un gran cambio, pero a estratexia será a mesma. Traballei con aguante e constancia na oposición e iso no goberno é un éxito seguro.

Continuará como alcaldesa de Mondoñedo?

Si. Os gobernos da Deputación e do Concello son equipos, non estou soa nisto e estou segura de que entre todos seremos capaces de desenvolver unha boa xestión provincial e municipal.

Xa ten pensado o deseño do seu equipo de traballo na Deputación?

De momento non. Esas decisións hai que tomalas con serenidade, sen euforia.

Pasado Intentarei corrixir o que ata agora critiquei. Hai que tomar decisión para mellorar a transparencia"

Desde a oposición impulsou numerosos procedementos xudiciais contra decisións da Deputación. Agora tal vez teña que asumir as consecuencias.

Haberá que esperar a que se resolvan.

Queixouse moito da falta de información e transparencia na institución provincial.

Si, moitas veces. Tiven serios problemas para acceder á información, incluso para a que debería ser de acceso libre para os deputados. Haberá que tormar decisións nesa liña, parar ofrecer unha gestión transparente. É evidente que intentarei corrixir o que ata agora critiquei.

 "Non ter a maioría absoluta é sano porque gobernamos para todos e estamos obrigados a entendernos"

Chegou á presidencia porque un deputado do PSOE rompeu a disciplina de voto do partido e se votou primeiro a si mesmo e despois en branco. Sabe que ese desencontro entre socialistas pode desaparecer e que se expón a unha moción de censura en calquera momento?

Si, son consciente diso, por iso quero ser moi prudente á hora de tomar decisións. A miña intención é invitar ao diálogo a todas as forzas políticas, gobernar buscando sempre o consenso entre os distintos partidos que integran a corporación e procurar o entendemento cos traballadores.

Houbo dúas votacións e por erro vostede tomou posesión xa tras a primeira, antes de ser elixida con todas as da lei. No segundo reconto tardou en saír o voto en branco. Que lle pasou pola cabeza nese momento?

De todo. Pero nun momento a persoa que facía o reconto chiscoume un ollo e deume a entender que estaba mantendo o suspense, pero que xa tiña visto o voto en branco e que o reservaba ata o final. Pero iso contoumo despois, nese momento todo era confusión e moitos nervios.

Comentarios