Aínda que en Galicia o toxo forma parte da flora autóctona, noutros países como Colombia supón toda unha ameaza para o ecosistema local. De feito, está catalogada entre as cen especies invasoras máis perigosas do mundo.
Segundo informa a Cadena Caracol nunha reportaxe recollida pola TVG, os agricultores colombianos están loitando con todos os seus medios contra o toxo, xa que impide a reprodución e crecemento da flora local ao seu arredor.
O 'retamo espinoso', tal e como se lle coñece no país, chegou a Bogotá fai 60 anos para servir de contención á construción dun encoro. A especie reproduciuse con tanta rapidez que temen que acabe por ocupar 15.000 hectareas de monte, o que suporía unha sentenza de morte para a flora autóctona.
Colombia loita contra o toxo, unha especie invasora no país
O 'retamo espinoso', tal e como se lle coñece no país, impide a reprodución e crecemento da flora local ao seu arredor